Preselección de candidaturas para solicitude axuda Persoal Técnico de Apoio (PTA), 2026
| Tipo | Recursos Humanos |
| Organismo convocante | Universidade de Vigo |
| Código | PTA_INTERNA_2026 |
| Data inicio solicitudes | 11/11/2026 |
| Data fin solicitudes | 26/11/2026 |
| Descripción | PRAZA 1– Técnica/o de apoio en análise instrumental - Servizo de Análise Instrumental do Campus de Ourense – Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico a Investigación (CACTI). PRAZA 2 – Técnica/o de apoio en laboratorio de análise química e control de calidade -Servizo de Análise Instrumental do Campus de Vigo – Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico a Investigación (CACTI). PRAZA 3 – Técnica/o de apoio en laboratorio de fabricación aditiva – Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (CINTECX). PRAZA 4 – Técnica/o de apoio para a divulgación e comunicación para a sociedade –Research Center for Telecommunication Technologies (attlanTTic). PRAZA 5 – Técnico/a de apoio á caracterización avanzada de nanomateriais – Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO). PRAZA 6 – Técnica/o de apoio á oceanografía e mesocosmos – Centro de Investigación Mariña (CIM). PRAZA 7 – Técnica/o para o uso e xestión de infraestruturas científicas e equipamento técnico – Instituto de Investigación en Física e Ciencias Aeroespaciais (IFCAE). PRAZA 8 – Técnica/o de apoio para a xestión, coordinación e seguimento de proxectos de investigación nacionais e internacionais – Instituto de Investigación en Ciencias do Deporte (CIDEGA). PRAZA 9 – Técnica/o de apoio para a xestión, coordinación e seguimento de proxectos de investigación nacionais e internacionais – Instituto de Investigación Lingua (iLingua). PRAZA 10 – Técnica/o de apoio Técnico/a para a Dinamización Científica e Redes de Investigación Internacional – Economics and Business Administration for Society (ECOBAS). PRAZA 11 – Técnica/o de apoio para a planificación e xustificación de proxectos de investigación – Instituto Universitario de Investigación Xustiza e Xénero (IXEX). |
| Requisitos |
1º Titulación universitaria: Licenciatura, Enxeñaría, Arquitectura, Grao, Máster, Diplomatura, Enxeñaría Técnica ou Arquitectura Técnica. 2º Titulación no marco da formación profesional do sistema educativo: Técnico Superior. As persoas participantes deberán estar en posesión da titulación na data de finalización do prazo de presentación da solicitudes, 10 de decembro de 2026.
|
| Documentacion | O prazo para a presentación da declaración de interese rematará o 26 de novembro de 2026.
|
| Observacións | Só se admitirán as declaracións de interese que sigan as intrucións e presenten correctamente a documentación solicitada. |
| Documentos da convocatoria | |
| Ligazóns da convocatoria | |
| Convocatoria PTA Agencia Estatal de Investigación: | https://www.aei.gob.es/convocatorias/buscador-convocatorias/ayudas-contratos-personal-tecnico-idi-2025/convocatoria |