Axudas para a contratación de persoal investigador predoutoral en formación asociado a Proyectos de Generación de Conocimiento, 2025 (FPI 2026)
| Tipo | Recursos Humanos |
| Organismo convocante | Universidade de Vigo |
| Código | FPI_26 |
| Data inicio solicitudes | 02/11/2026 |
| Data fin solicitudes | 27/11/2026 |
| Enderezo formulario para solicitude online | https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/55868508 |
| Descripción | A presente convocatoria de axudas ten por obxecto seleccionar por concorrencia competitiva a persoas que realicen a súa tese de doutoramento na Universidade de Vigo para que, en función da súa capacitación e formación, poidan converterse en novo persoal investigador en formación mediante a formalización dun contrato predoutoral asociado a un dos proxectos de investigación que obtivesen financiamento na convocatoria para o ano 2026 de axudas a «Proyectos de Generación de Conocimiento 2025» e a actuacións para a formación de persoal investigador predoutoral. |
| Requisitos |
|
| Documentacion |
Cada solicitude poderá referirse a máis dun proxecto de investigación sinalado no anexo II desta convocatoria, pero os proxectos sinalados deben corresponder á mesma área temática. |
| Observacións | O formulario de solicitude xunto coa documentación exixida na base quinta da convocatoria debe ser presentada a través da sede electrónica da Universidade de Vigo no seguinte enderezo https://sede.uvigo.gal/ a través do procedemento «SRHI-Axudas FPI 2026», pulsando o botón «Iniciar tramitación». De xeito excepcional para este procedemento, unicamente as persoas de nacionalidade extracomunitaria, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e cunha antelación de dous días hábiles ao día de peche do prazo de presentación. |
| Silencio administrativo | Desestimatorio |
| Ligazóns da convocatoria | |
| Enlace AEI_convocatoria Proyectos de Generación del Conocimiento 2024: | https://www.aei.gob.es/convocatorias/buscador-convocatorias/proyectos-generacion-conocimiento-2024 |
Primeira convocatoria
| Documentos da fase da convocatoria: | |