Secretaría Uvigo

Convocatoria interna de selección de perfís_Ramón y Cajal 2026

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoRYC_2026_UVIGO
Data inicio solicitudes23/10/2026
Data fin solicitudes16/11/2026
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://www.aei.gob.es/convocatorias/buscador-convocatorias/ayudas-contratos-ramon-cajal-ryc-2026
Descripción

O Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades publicou no BOE do 29/9/2026 a Resolución da Presidencia da Agencia Estatal de Investigación pola que se aproba a convocatoria de tramitación anticipada, correspondente ao ano 2026, das axudas Ramón y Cajal no marco do Programa Estatal de Recursos Humanos do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación para o período 2024-2027.

O obxectivo destas axudas é promover a incorporación e retención en organismos do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e de Innovación de persoal investigador, tanto español como estranxeiro, cunha traxectoria salientable co fin de que adquiran as competencias e capacidades que lles permitan obter un posto de carácter estable nun organismo de investigación, facilitando o inicio dunha liña de investigación mediante o financiamento dun proxecto propio de I+D+i e incentivando a creación de prazas de carácter permanente nas institucións de adscrición.

Así mesmo, preténdese incentivar a participación das persoas que obteñan unha axuda ao amparo do programa Ramon y Cajal nas convocatorias do Consello Europeo de Investigación (ERC, polas súas siglas en inglés), mediante a mellora das súas condicións retributivas a través da posta ao seu dispor dun complemento salarial, así como a través dun financiamento complementario na convocatoria de axudas a proxectos Europa Excelencia da Axencia Estatal de Investigación.

Complementariamente, para facilitar a participación dos/as investigadores/as financiados/as co programa Ramón y Cajal en procesos selectivos para o acceso a prazas de carácter permanente, e sempre que conten cunha experiencia postdoutoral igual ou superior a tres anos, a concesión da axuda Ramón y Cajal permitirá a obtención automática do certificado R3 como investigador/a establecido/a, conforme ao previsto no artigo 22.2 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación.

As axudas concederanse aos centros de I+D para executar as seguintes actuacións durante un prazo de cinco anos:

  • Contratación da persoa candidata seleccionada (retribución mínima de 40.000 EUR brutos anuais).
  • Execución do proxecto propio de I+D+i liderado pola persoa candidata seleccionada (importe determinado na resolución de concesión).
  • Convocatoria do proceso selectivo para cubrir unha praza permanente no ámbito de coñecemento da persoa candidata seleccionada.
Requisitos

Poderán presentar declaración de interese en acoller persoal investigador doutor seleccionado mediante a convocatoria Ramón y Cajal 2026 os grupos de investigación da Universidade de Vigo de forma individual ou conxunta (dous ou máis grupos).

Un grupo só poderá participar nunha única declaración de interese.

É especialmente relevante á axeitada xustificación do interese dos postos ofertados para a contratación de persoal investigador Ramón y Cajal atendendo a criterios de renovación de persoal, fortalecemento de estruturas de I+D ou potenciación de liñas novidosas ou estratéxicas. Dado o compromiso que adopta a Universidade de Vigo para a estabilización do persoal investigador Ramón y Cajal é preciso xustificar que existen necesidades docentes que poderán ser cubertas co citado persoal no momento da súa estabilización.

Documentacion

- Formulario de declaración de interese correspondente que inclúe o compromiso de acollida por parte do departamento.

 

Observacións
  1. Encher o formulario interno correspondente e a conformidade do departamento que se publican xunto con estas instrucións  e  son accesibles no taboleiro de convocatorias da Universidade de Vigo.
  2. Presentar antes do 21 de novembro de 2025 ás 14.00 horas, o formulario asinado dixitalmente por todas as persoas necesarias xunto coa conformidade do departamento pola sede electrónica da Universidade de Vigo mediante unha instancia xenérica SXER dirixida ao Servizo de Recursos Humanos de Investigación.
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Anexo II_Áreas temáticas: https://www.aei.gob.es/sites/default/files/convocatory_info/file/2026-09/convocatoria%20RYC%202026_.pdf
Atrás