Secretaría Uvigo

Premios “Cátedra Deloitte” ao mellor Traballo Fin de Grao ou Fin de Máster do ámbito TIC con beneficio social, 2019/2020

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2019-CATEDRA DELOITTE
Data inicio solicitudes21/07/2020
Data fin solicitudes21/09/2020
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6076
Descripción

Obxecto:

O recoñecemento dos traballos de fin de Grao e Máster realizados polo alumnado da Universidade de Vigo do ámbito TIC que se distingan por ser especialmente relevantes no que atinxe aos beneficios sociais que levan asociadas as propostas dos mesmos, facilitando un premio en metálico aos autores/as

Premios:

  • 1 Traballo de Fin de Grao, dotado cun premio de 750 €
  • 1 Traballo de Fin de Máster, dotado cun premio de 1000 €
Requisitos

a) Ter superado o Traballo Fin de Grao ou Máster durante o curso 2019/2020 nas titulacións de Grao ou Máster de:

    • Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
    • Escola de Enxeñaría Informática

b) Obter no TFG/TFM unha cualificación igual ou superior a 7 puntos.

c) O TFG/TFM, no ámbito das TIC como corresponde ás titulacións participantes, deberá ter un impacto na sociedade que redunde nun beneficio para o desenvolvemento da mesma, debidamente explicado na breve memoria descritiva, que se solicita para participar na convocatoria

Documentacion

Solicitudes:

As persoas solicitantes deberán cubrir o formulario online dispoñible no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6076 descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, poñendo en Asunto “premios Cátedra Deloitte”, achegando unicamente o arquivo coa solicitude.

Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Universidade de Vigo dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes:https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2020-06/Guia_rexistro_instancia_xenerica_gl.docx.pdf. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios, poderán dirixirse ao enderezo electrónico sede@uvigo.gal

O prazo de presentación das solicitudes permanecerá aberto dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata o 21 de setembro de 2020, ás 23:59 horas (hora peninsular española).

 

Documentación:

deberán subir a seguinte documentación ao formulario online (non hai que subir a documentación á sede electrónica):

  • Memoria en formato pdf, de non máis de 5 páxinas nas que se describa as características do traballo e os beneficios sociais relacionados con el.
  • Unha copia en formato pdf, do Traballo Fin Grao / Traballo Fin de Máster
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios
Atrás