Secretaría Uvigo

Programa de bolsas-prácticas ONCE-CRUE, 2026/2027

TipoBolsa de inclusión
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2026-2027 Once Crue
Data inicio solicitudes09/10/2026
Data fin solicitudes30/11/2026
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index
Descripción

Obxecto:

Facilitar o desenvolvemento de prácticas para estudantes universitarios con discapacidade, que inclúa a realización de prácticas académicas externas remuneradas, facilitando o seu acceso a unha primeira experiencia laboral e mellorando así a súas oportunidades laborais e a súa carreira profesional.

Duración:

As prácticas terán unha duración de 3 meses consecutivos, e poderán desenvolverse desde o día seguinte á publicación da resolución de concesión das bolsas por parte da Universidade ata o 31 de outubro de 2027, agás no caso de estudantado que finaliza estudos que deberá rematar as prácticas antes da presentación da solicitude de título e, en todo caso antes do 31 de agosto de 2027.

Se a empresa de acollida se compromete a abonar, a mesma ou superior axuda mensual e asume o custo das obrigas tributarias e coa seguridade social, o período de prácticas pode ser ampliado ata 3 meses máis.

O horario será de 25 horas semanais e será pactado entre a empresa e a persoa beneficiaria da bolsa.

Contía:

O importe da bolsa ascende a un máximo de 600 € euros brutos mensuais durante 3 meses. Estará suxeita á retención establecida na normativa tributaria aplicable e ás obrigas de cotización á Seguridade Social (cota obreira) que estableza na normativa vixente nesta materia.

Requisitos
  1. Ter unha discapacidade legalmente recoñecida igual ou superior ao 33% polo organismo competente da comunidade autónoma. Así mesmo e de xeito excepcional para este procedemento, admitirase acreditación a través de resolución de incapacidade do INSS (Instituto Nacional da Seguridade Social).
  2. Estar matriculado/a en centros propios ou adscritos da Universidade de Vigo en titulacións oficiais de grao ou máster universitario no curso 2026/2027.
  3. No caso de matrícula en titulacións de grao, ter superado ata o curso 2025/2026, o 50% dos créditos dos estudos de grao.
Documentacion

A solicitude realizarase a través do formulario en liña dispoñible na secretaría virtual da Universidade https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index  / Bolsa prácticas ONCE_CRUE

O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para os interesados neste procedemento (art. 66.6 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, solicitaráselle que a presente de xeito electrónico.

Así mesmo deberán rexistrarse na plataforma da ONCE https://becas.fundaciononce.es/paginas/becaspracticasoncecrue.aspx

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte a publicarse esta convocatoria e rematará 30 de novembro de 2026 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

IMPORTANTE: É PRECISO FACER A SOLICITUDE NOS DOUS ENLACES

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: Enderezo electrónico
Teléfono: 986 81 40 94
Web de bolsas: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo
Enlace BDNS: https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias/870076
Taboleiro electrónico: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=4B5801AAF7EA9D0F7646E6554CFF69AD?idtaskdata=55318350
Atrás