Secretaría Uvigo

Premios EGERIA á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e de máster

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoEGERIA19
Data inicio solicitudes23/09/2019
Data fin solicitudes11/10/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/5838
Descripción

O obxecto desta convocatoria é  recoñecer, publicitar e premiar os mellores Traballos de Fin de Grao (TFG) e de Máster (TFM) que inclúan a perspectiva de xénero realizados polo alumnado da Universidade de Vigo

Requisitos

Ter presentado o Traballo Fin de Grao ou Fin de Máster na Universidade de Vigo no curso 2018/2019 e obter unha cualificación mínima de 8.

Documentacion

Xunto co formulario de solicitude debe presentar un sobre onde figurará escrito no exterior como única referencia, o título do traballo fin de grao ou de máster presentado e o nome da titora ou titor. Este sobre conterá:

  1. Nun soporte cd ou memoria usb, o traballo presentado en pdf xunto cun resumo de, como máximo, 500 palabras en pdf e arquivo independente. Ningún dos dous documentos poderá conter elementos identificativos sobre a súa autoría ou titoría pero si indicar a qué grao ou máster corresponde.
  2. Un sobre pechado coa solicitude rexistrada ou selada coa data de presentación. Este sobre deberá ter escrito no exterior, como única referencia, o título do traballo escrito no primeiro sobre e deberá ir dentro deste.
Observacións

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 11 de outubro.

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81 40 94
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios

17/10/2019 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións ata o 31 de outubro

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás