Secretaría Uvigo

Bolsas Santander Microcredenciais 2ª edición 2026

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoBolsas Santander Microcredenciais 2ª edición 2026
Data inicio solicitudes16/07/2026
Data fin solicitudes30/10/2026
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://app.santanderopenacademy.com/es/program/microcredenciales-2026-ii-edicion
Descripción

Esta convocatoria está prevista no Plan Estratéxico de Subvencións da Universidade de Vigo  como acción destinada ao cumprimento do obxectivo “captar estudantado con talento e garantir o acceso universal á educación pública universitaria” mediante o financiamento dunha parte dos prezos públicos de matrícula das microcredenciais incluídas no Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias, no curso académico 2026/2027

 

Requisitos

Pode solicitar bolsa o estudantado de entre 18 e 64 anos que cumpra o requisito de estar preinscrito e admitido nalgunha das seguintes microcredenciais:

    • Excel avanzado e análise de datos: dos fundamentos á integración con Power BI
    • Python para a análise de datos
    • Enoturismo e eventos vitivinícolas: deseño e xestión de experiencias do viño
    • Coordinación de acceso

Selección e resolución

Sempre que se cumpran os requisitos esixidos e exista orzamento dispoñible, as axudas entenderanse concedidas coa formalización da matrícula, sen necesidade dun trámite administrativo adicional, en función da orde da prelación de matrícula no portal académico da Universidade de Vigo.

Documentacion

Presentación de solicitudes

  1. A solicitude realizarase no momento de formalización da matrícula da microcredencial escollendo a opción “bolsa Santander” como desconto na matrícula, sen necesidade de realizar ningunha outra xestión.

Así mesmo será requisito indispensable inscribirse na plataforma do Santander https://app.santanderopenacademy.com/es/program/microcredenciales-2026-ii-edicion

no Programa “Becas Santander-Microcredenciales 2026”, aberto ata o 20 de outubro de 2026. Dentro da plataforma buscar a Universidade de Vigo e inscribirse no curso desexado.

  1. O prazo de solicitude será o prazo de matrícula da microcredencial ou posibles ampliacións, data límite 30 de outubro de 2026 ás 23:59 (hora peninsular española).
Observacións

Obrigas

As persoas beneficiarias deberán estar matriculadas e asistir ao 80% das clases síncronas, tanto virtuais como presenciais, programadas e aceptar a bolsa nos 7 días naturais seguintes á data de asignación das bolsas, a través da plataforma do Santander.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.gal
Teléfono: 986814094
Web de bolsas: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo
Enlace ao taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=55500706
Atrás