Axudas para a contratación de persoal investigador predoutoral en formación asociado a Proyectos de Generación de Conocimiento, 2024 (FPI 2025)
Tipo | Recursos Humanos |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | FPI_25 |
Data inicio solicitudes | 07/10/2025 |
Data fin solicitudes | 03/11/2025 |
Descripción | A presente convocatoria de axudas ten por obxecto seleccionar por concorrencia competitiva a persoas que estean a realizar a súa tese de doutoramento na Universidade de Vigo para que, en función da súa capacitación e formación, poidan converterse en novo persoal investigador en formación mediante a formalización dun contrato predoutoral asociado a un dos proxectos de investigación que obtivesen financiamento na convocatoria para o ano 2024 de axudas a «Proyectos de Generación de Conocimiento» e a actuacións para a formación de persoal investigador predoutoral. |
Requisitos |
|
Documentacion |
Cada solicitude poderá referirse a máis dun proxecto de investigación sinalado no anexo II desta convocatoria, pero os proxectos sinalados deben corresponder á mesma área temática. |
Observacións | O formulario de solicitude xunto coa documentación exixida na base quinta da convocatoria debe ser presentada a través da sede electrónica da Universidade de Vigo no seguinte enderezo https://sede.uvigo.gal/ a través do procedemento «SRHI-Axudas FPI», pulsando o botón «Iniciar tramitación». De xeito excepcional para este procedemento, unicamente as persoas de nacionalidade extracomunitaria, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación. |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Ligazóns da convocatoria | |
Enlace AEI_convocatoria Proyectos de Generación del Conocimiento 2024: | https://www.aei.gob.es/convocatorias/buscador-convocatorias/proyectos-generacion-conocimiento-2024 |
Fase convocatoria
Documentos da fase da convocatoria: | |