Secretaría Uvigo

Solicitude para local de ensaio para grupos musicais/solistas (Ensaiamos)

TipoMúsica "ensaiamos"
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2019-2020 Ensaiamos
Data inicio solicitudes23/09/2019
Data fin solicitudes09/10/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://www.uvigo.gal/campus/cultura/musica/ensaiamos
Descripción

Convocatoria de apoio a iniciativa musicais (Ensaiamos) para o curso 2019/2020 - Solicitar un horario no local de ensaio (Teatro Vidal Bolaño na Cidade Universitaria).

Requisitos

Grupos musicais: O requisito mínimo imprescindible é que alomenos dous dos integrantes do grupo sexan membros da comunidade universitaria (alumnado, persoal de administración e servizo (PAS) ou persoal docente e investigador (PDI)) para grupos musicais de menos de 5 integrantes.

Se o grupo musical está composto por 5 ou mais compñementes, alomenos 3 ten que pertencer á comunidade universitaria.

Cada grupo ten que designar un responsable (será o que presente a solicitude) como elemento de comunicación e coordinación co dinamizador do servizo, que ademais velará polo cumprimento das normas que se establezan e de boa conduta no desenvolvemento da actividade.

Os grupos deberán levar os seus instrumentos (excepto os que xa provea Extensión Universitaria) e entre eles, baquetas e cables.

 

Solistas: O requisito mínimo imprescindible é que sexa membro da comunidade universitaria (alumnado, PAS ou PDI).

As persoas solistas tamén poden apuntarse como solistas para:

  • Formar entre as persoas solicitantes un novo grupo.
  • Integrarse nalgún grupo que precise complementarse.
Observacións

Equipamento básico para a realización de ensaios suministrado pola Universidade: 

  • Bateria de 5 corpos.
  • 2 amplificadores combo de guitarr de 100w.
  • Amplificador de baixo de 150w.
  • Mesa de mezcla de 10 canais mono, 2 auxiliares e entradas e saídas RCA.
  • 2 altofalantes autoamplificados de 300w.
  • 4 micrófonos cos seus respectivos soportes.
  • Cableado básico.

Horarios dispoñibles (orientativos): 

  • Luns: de 12:00 a 15:00 h. e de 18:00 a 21:00 h.
  • Martes: de 12:00 a 15:00 h. e de 16:00 a 21:00 h.
  • Venres: de 13:00 a 15:00 h. e de 16:00 a 21:00 h.

Ao rematar de cubrir o formulario debe imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 09 de outubro de 2019, ás 14:00 horas.

Documentos da convocatoria

30/10/2019 Listaxe provisional de solicitudes admitidas, con indicación do horario

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás