Secretaría Uvigo

Axudas propias para a mobilidade de Persoal Investigador da UVigo

TipoMobilidade
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoMOBVIGO_19
Data inicio solicitudes07/05/2019
Data fin solicitudes15/06/2019
Descripción

A convocatoria de axudas propias á mobilidade de persoal investigador da Universidade de Vigo ten por obxecto financiar parcialmente os desprazamentos para presentar resultados de investigación e as estadías en centros de investigación do persoal investigador que cumpra os requisitos sinalados, co obxectivo de contribuír ao intercambio de coñecemento e á mellora e internacionalización da súa actividade investigadora.

Modalidade A: Bolsas para viaxes. 

Modalidade B: Bolsas para estadías en centros de investigación. 

Requisitos

Grupo 1:
-Alumnado de doutoramento. Quen sexa beneficiaria ou beneficiario dunha axuda de apoio á etapa predoutoral non poderá solicitar axuda para a mesma estadía para a quen ten concedido financiamento autonómico ou estatal.


Grupo 2:
-Persoal investigador posdoutoral contratado no marco do programa competitivo Juan de la Cierva Formación.
-Persoal investigador beneficiario de axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral da Xunta de Galicia, modalidade A no seu terceiro ano de contrato, exclusivamente. Neste caso deberán contar coa autorización expresa do organismo financiador, a Xunta de Galicia.
-Persoal investigador contratado no marco do programa competitivo para a formación de doutoras e doutores (FPI) que se atopen no período de orientación posdoutoral (POP).

Documentacion

Modalidade A: Bolsas para viaxes.

1.Documento acreditativo da organización do congreso científico.
2. Documento acreditativo da composición do/s comités científico ou organizador.
3. Copia da comunicación ou resumo dela enviada ao congreso ou memoria explicativa do proxecto creativo.

Ademais, a seguinte documentación segundo grupo de solicitantes:

Grupo 1.
1. Informe da dirección da tese de doutoramento xustificando o interese do desprazamento.
2. Listaxe e documentos acreditativos dos méritos especificados na convocatoria obtidos no período 2013-2019.

Grupo 2.

1. Listaxe e documentos acreditativos dos méritos especificados na convocatoria obtidos no período 2013-2019. 

Modalidade B: Bolsas para estadías en centros de investigación.

1. Breve resumo (150 palabras), do traballo de investigación que se vai realizar, xustificando o seu interese.
2. Documento que acredite a admisión no centro e período para o que se solicita a estadía.

Ademais, a seguinte documentación segundo grupo de solicitantes:

Grupo 1. 
1. Informe da dirección da tese de doutoramento incluíndo un breve resumo do traballo realizado ata o momento polo doutorando ou doutoranda e a conveniencia do desprazamento ao centro de investigación.
2. Listaxe e documentos acreditativos dos méritos especificados na convocatoria obtidos no período 2013-2019.

Grupo 2.

1. Listaxe e documentos acreditativos dos méritos especificados na convocatoria obtidos no período 2013-2019.

 

 

Observacións

O prazo de presentación das solicitudes comezará o 7 de maio e permanecerá aberto ata o día 15 de xuño de 2019.


As solicitudes das persoas interesadas, acompañadas pola documentación prevista para cada modalidade de axuda, deberán tramitarse a través do módulo de convocatorias do Sistema Unificado de Xestión de Investigacion (SUXI) no que se debe estar rexistrada.

O acceso ao SUXI realízase a través da secretaría virtual da Universidade de Vigo no seguinte enderezo: 

https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/

A convocatoria de mobilidade activarase o día 7 de maio.

 

Documentos da convocatoria

Modelos de documentos

Documentos da fase da convocatoria:

Fase de admisión

Documentos da fase da convocatoria:

Fase se concesión

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás