Secretaría Uvigo

Contrato de investigación grupo IN1

TipoConvocatorias de I+D+i
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoI+D/2019_10
Data inicio solicitudes14/03/2019
Data fin solicitudes21/03/2019
Descripción

O grupo de Investigación IN1 da Universidade de Vigo oferta

 

UN CONTRATO DE INVESTIGACIÓN

 

con cargo ao proxecto: Axudas do programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do SUG - “Grupos de Referencia Competitiva 2016 con referencia ED431C 2016/041”,

 

Lugar de traballo: Grupo IN1, CINBIO

Período: 7 meses a partir de abril de 2019  

Requisitos

- Doutor en Bioloxía, Medicina, BIoquímica ou afíns/equivalentes. 

- Valorarase doutorado en Nanomediciña.

- Experiencia en:

  • Experimentación animal con ratos (mínimo función D);
  • Traballo con modelos animais de fribrose e esclerose;
  • Técnicas histolóxicas;
  • Técnicas inmunolóxicas;
  • Bioloxía molecular;
  • Citometría de fluxo.

Criterios de valoración: 

  • Experiencia profesional (50%)
  • Formación (20%)
  • Entrevista (30%)

 

A Comisión de avaliación, formada por investigadores do grupo IN1, valorará os méritos presentados polos aspirantes e convocará a unha entrevista aos/ás tres candidato/as que obteñan unha maior puntuación sumando os apartados de Experiencia e Formación. 

Documentacion

As persoas interesadas en participar no proceso selectivo deben enviar o CV e unha carta de presentación a inmunologia@uvigo.es ata as 23:59 horas do 21 de marzo de 2019

Atrás