Secretaría Uvigo

Premios EGERIA á inclusión da perspectiva de xénero no TFG , TFM e Teses de doutoramento 2025/2026

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2025_2026 Egeria
Data inicio solicitudes18/09/2026
Data fin solicitudes08/10/2026
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/15533
Descripción

O obxecto desta convocatoria é recoñecer, difundir e premiar os mellores traballos de fin de estudos de grao (TFG), de máster universitario (TFM) e de tese de doutoramento (TD) que inclúan a perspectiva de xénero e/ou feminista realizados polo estudantado da Universidade de Vigo.

  • Convócase 1 premio de TFG por cada un dos seguintes grupos:
    • Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas
    • Rama de Ciencias, rama de Ciencias da Saúde e rama de Enxeñaría e Arquitectura
    • Rama de Artes e Humanidades
  • Convócase 1 premio de TFM por cada un dos seguintes grupos:
    • Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas
    • Rama de Ciencias, rama de Ciencias da Saúde e rama de Enxeñaría e Arquitectura
    • Rama de Artes e Humanidades
  • Convócanse 3 premios de tese de doutoramento para todas as ramas.
Requisitos

Pode solicitar este premio o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Posuír nacionalidade española, nacionalidade comunitaria acreditando a residencia continuada, ou fóra da UE acreditando a residencia legal en España no prazo de presentación de solicitudes (non é suficiente o permiso de estadía por estudos).
  2. Cumprir unha das seguintes condicións:
    1. Ter superado o traballo fin de grao ou máster universitario durante o curso 2025/2026 na Uvigo cunha cualificación mínima de 9 puntos.
    2. Defender a tese entre o 1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026 coa cualificación de Sobresaínte CUM LAUDE.

Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003 xeral de subvencións, de 17 de novembro.

Documentacion

SOLICITUDE:

As persoas solicitantes deberán empregar o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/15533 descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica estudantes (SXER) existente na sede (enlace) poñendo en asunto «Premios Egeria á inclusión da perspectiva de xénero e/ou feminista en TFG, TFM e TD», achegando só o formulario coa solicitude. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa.

O prazo de presentación das solicitudes comezará o día seguinte a publicarse esta convocatoria e rematará o 8 de outubro de 2026, ás 23:59 h (hora peninsular española).

DOCUMENTACIÓN:

No formulario en liña achegarase a seguinte documentación (non hai que subir a documentación á sede electrónica):

  1. O TFG/TFM/TD en formato pdf ou enlace ao repositorio.
  2. Resumo do traballo, en formato pdf , de máximo 500 palabras.
  3. Breve informe da dirección/titoría do traballo xustificando que este inclúe a perspectiva de xénero.
  4. O estudantado que non teña nacionalidade española
    • documento do Rexistro de cidadán/á da Unión Europea ou
    • tarxeta de identificación de estranxeiro/a na que conste o permiso de residencia (non é suficiente co permiso de estadía por estudos) para as persoas cidadás de fóra da UE. 
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.gal
Teléfono: 986814094
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios
Enlace a taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=54476646
Atrás