Secretaría Uvigo

Bolsa Inicio Máster da Xunta para persoas desempregadas 2026/2027

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteXunta de Galicia
Código2026_2027 BIM XUNTA
Data inicio solicitudes06/08/2026
Data fin solicitudes06/10/2026
Descripción

Axudas destinadas aos gastos derivados da matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, ás persoas desempregadas con titulación universitaria que se matriculen nun Máster universitario oficial no curso 2026/2027.

Requisitos

a) Estar en situación de desemprego na data de presentación da solicitude.
b) Ter rematados os estudos universitarios que dan acceso aos estudos do máster universitario con anterioridade ao 30 de setembro de 2025.
c) Estar matriculado no curso académico 2026/2027 en primeira matrícula, nun máster universitario oficial de 60, 90 ou 120 créditos ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia. A matrícula será dun mínimo de 60 créditos, excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
d) Non estar incluídas nos casos de beneficios e exención total de matrícula que se prevexan no decreto polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2026/2027.
e) Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores, salvo no caso dun máster de 120 créditos, no que se pode solicitar para a primeira matrícula dos 60 créditos que restan para rematar o máster.

Documentacion

Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
1. DNI ou NIE da persoa solicitante.
2. DNI ou NIE da persoa representante, só no caso de actuar por medio de representante.
3. Vida laboral dos últimos 12 meses.
4. Título universitario oficial español que dá acceso ao máster.
5. Documento emitido pola universidade correspondente en que deberá figurar o máster universitario oficial en que está matriculada a persoa solicitante, os créditos matriculados no curso académico 2026/2027, excluídos os recoñecidos, validados e adaptados, e o importe dos créditos aboados.
6. Un informe de períodos de inscrición como demandante de emprego expedido pola correspondente oficina de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia, que determinará o número de días de inscrición ininterrompida ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

7. Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
8. Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
9. Certificado de estar ao día no pagamento coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Observacións

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
web: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED421A
Correo electrónico: orientacion.sug@edu.xunta.es
Atrás