Secretaría Uvigo

Bolsa para o inicio de estudos en Máster oficial, 2018/19

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2018_2019 BIM
Data inicio solicitudes15/02/2019
Data fin solicitudes01/03/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttp://seix.uvigo.es
Descripción

Estas bolsas teñen por obxecto financiar os prezos públicos derivados da matrícula, do alumnado que inicia estudos de máster oficial e que se ve afectado polos cambios de requisitos académicos introducidos polo RD 1000/2012, do 29 de xuño (BOE do 5 de xullo)

A contía da bolsa será equivalente ao importe dos prezos públicos por servizos académicos no curso académico 2018/2019. So se percibirá o importe correspondente a unha titulación no caso de simultaneidade de estudos

Requisitos

Requisitos xerais

Posuír a nacionalidade española ou doutro país da Unión Europea, ou de terceiros países cando se acredite a condición de residente en España.

Requisitos académicos

a) Estar matriculado/a por primeira vez nun máster no curso académico 2018/2019 de 60 créditos ou curso completo.

b) Obter nos estudos previos que lles dean acceso ao máster unha nota media inferior a:

       -  6,5 no caso de estudos de máster que habiliten para o exercicio dunha profesión regulada.

       -  7 nos restantes estudos de máster.

c) Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.

Requisitos económicos

a) Que a renda da unidade familiar calculada tal e como se establece na convocatoria xeral de bolsas MEFP, non supere os seguintes limiares:

  • Familias de 1 membro: 14.112,00 euros.
  • Familias de 2 membros: 24.089,00 euros.
  • Familias de 3 membros: 32.697,00 euros.
  • Familias de 4 membros: 38.831,00 euros.
  • Familias de 5 membros: 43.402,00 euros.
  • Familias de 6 membros: 46.853,00 euros.
  • Familias de 7 membros: 50.267,00 euros.
  • Familias de 8 membros: 53.665,00 euros.

A partir do oitavo membro engadiranse 3.391,00 euros por cada novo membro computable.

b) Que o patrimonio familiar non supere os seguinte limiares:

  • A suma de rendementos netos reducidos de capital mobiliario máis o saldo neto positivo de ganancias e perdas patrimoniais non poderá superar 1.700,00 €
  • A suma de valores catastrais das fincas urbanas pertencentes á unidade familiar, excluída a vivenda habitual, non poderá superar 42.900,00 €.

Os valores catastrais pondéranse polos coeficientes establecidos na normativa de bolsas MEFP de carácter xeral para estudantes universitarios para o curso 2018/2019

Será de aplicación a efectos do cálculo da renda e do patrimonio, e da composición da unidade familiar o disposto na normativa de bolsas MEFP de carácter xeral para estudantes universitarios para o curso 2018/2019. No caso de ter solicitado bolsa xeral do Ministerio de educación (MEFP) tomarse a mesma unidade familiar declarada ao MEFP

Documentacion

Se presentaches a solicitude de bolsa xeral do Ministerio de Educación NON é necesario que presentes documentación. No caso de precisar algún documento solicitámolo por correo electrónico.

Se NON presentaches a solicitude de bolsa xeral do Ministerio de Educación deberás presentar a documentación indicada no punto 5 da convocatoria.

Observacións

Instruccións para presentar a solicitude:

  1. accede ao Impreso de solicitude en http://seix.uvigo.es, na páxina de inicio preme en "SVE – Secretaría Virtual Estudantes" e no menú da esquerda selecciona "bolsas propias / inicio máster". Ao chegar ao final garda o pdf como resgardo de solicitude.
  2. Para achegar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos debes facelo a través deste enlace
  3. NON É PRECISO QUE PRESENTES A SOLICITUDE NOS REXISTROS DA UVIGO

IMPORTANTE: Para calquera dúbida contacta coa Sección de Axudas e Bolsas no teléfono 986 81 36 11 ou no correo electrónico bolsas@uvigo.es

 

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 36 11
Teléfono: 986 81 36 12
Correo electrónico: bolsas@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo

24/05/2019 Listaxe provisoria do alumnado admitido e excluído

Observacións

Establécese un prazo de alegacións ata o día 7 de xuño para, de ser o caso, emendar os defectos que motivaron a súa exclusión ou completar a solicitude.

O escrito de alegacións dirixido á Sección de Axudas e Bolsas deberá presentarse a través do modelo dispoñible no enlace:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/5110

 

Documentos dunha fase de convocatoria:

11/06/2019 Corrección de erros da listaxe provisoria de concedidas e denegadas

Descrición

Advertido un erro na listaxe provisoria de concedidas e denegadas publicada o 10 de xuño de 2019 pola Sección de Axudas e Bolsas e unha vez feitas as correccións correspondentes, se  procede a publicar a:

  • listaxe provisoria de bolsas concedidas
  • listaxe provisoria de bolsas denegadas
Observacións

Alegacións ata o 24 de xuño

 

O escrito de alegacións dirixido á Sección de Axudas e Bolsas, deberá presentarse a través do formulario dispoñible no seguinte enlace:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/5110

 

Documentos dunha fase de convocatoria:

04/07/2019 RR Listaxe definitiva concedidas e denegadas de Bolsa inicio de master

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás