Secretaría Uvigo

Premios á Excelencia Académica para alumnado que inicia estudos de Doutoramento, 2025/2026

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2025_2026 Exc Inicio Doutoramento
Data inicio solicitudes31/07/2026
Data fin solicitudes15/10/2026
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/15499
Descripción

OBXECTO:

Captar estudantado con talento e garantir o acceso universal á educación pública universitaria atendendo de maneira especial ao novo estudantado da Universidade de Vigo que está a realizar no curso académico 2025/2026 estudos oficiais de doutoramento e que destaca particularmente por unha traxectoria académica de excelencia nos estudos previos aos de doutoramento.

Requisitos
  • Atoparse nalgún dos seguintes casos:
  1. Posuír nacionalidade española
  2. Posuír a nacionalidade dun estado membro da Unión Europea e acreditar a condición de residente legal.
  3. Posuír nacionalidade fóra da UE e acreditar a residencia legal en España, de acordo co disposto na normativa sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España (non é suficiente o permiso de estadía por estudos).
  • Estar matriculado por primeira vez en estudos de doutoramento no curso académico 2025/2026.
  • Obter unha nota media do expediente académico de grao/ licenciatura/enxeñaría/enxeñaría técnica ou equivalente (polo que accedeu ao doutoramento) ou ben a nota media da declaración de equivalencia igual ou superior a 7 calculada segundo o RD 1125/2003.
Documentacion

As persoas solicitantes deberán cubrir o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/15499 descargalo e presentalo na Sede Electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, e pór como asunto “Bolsas Santander axuda económica 2026 excelencia inicio doutoramento”, achegando unicamente o formulario coa solicitude e inscribirse na web do Santander https://app.santanderopenacademy.com/es/program/ayuda-economica-2026

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte a publicarse esta convocatoria e finaliza o 15 de outubro de 2026 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

DOCUMENTACIÓN:

  • No caso de estudos cursados nunha universidade distinta á Universidade de Vigo: 
  1. Expediente académico (título e certificado de nota media) do grao/ licenciatura/enxeñaría/enxeñaría técnica ou equivalente polo que accedeu ao doutoramento.

     O estudantado con titulación doutro país, deberá presentar, xunto coa certificación académica, unha declaración de equivalencia da nota media de expedientes académicos universitarios realizados en centros estranxeiros,        obtida a través do procedemento online establecido polo Ministerio de Universidades no seguinte enderezo web:

 Equivalencia de notas medias de estudios universitarios realizados en centros extranjeros - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades - Secretaría General de Universidades 

     2. Acreditación de titulación de máster universitario.

  • No caso de non ter nacionalidade española deberán presentar a seguinte documentación segundo corresponda:
  1. documento do Rexistro de cidadán/á da Unión Europea.
  2. tarxeta de identificación de estranxeiro/a na que conste o permiso de residencia (non é suficiente co permiso de estadía por estudos) de cidadán/a extracomunitario.

 

 

Observacións

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte a publicarse esta convocatoria e finaliza o 15 de outubro de 2026 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986814094
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios
Taboleiro electrónico: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=07EECEAF20F123F38DBCCC384388B77A?idtaskdata=53402505
Atrás