Secretaría Uvigo

Bolsas de mobilidade para o alumnado de Doutoramento, 2025/2026

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2025_2026_Mobilidade doutoramento
Data inicio solicitudes30/07/2026
Data fin solicitudes15/10/2026
Descripción

 OBXECTO

A presente convocatoria está prevista no Plan estratéxico de subvencións da Universidade de Vigo  como acción destinada a cumprir o obxectivo 5 «Impulsar a internacionalización e a multiculturalidade», contribuindo a paliar os gastos ocasionados ao estudantado da Universidade de Vigo matriculado nos programas de doutoramento, con motivo da realización de viaxes e demais actividades incluídas na súa programación académica que impliquen desprazamento fora da Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos

Pode solicitar bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Estar matriculado na Universidade de Vigo no período de tutela de tese no curso académico 2025/2026 nalgún dos programas de doutoramento da Universidade de Vigo.
  2. Realizar durante o curso 2025/2026 a actividade (de acordo coa súa programación académica) que implique o desprazamento fora da Galicia para a asistencia ou presentación de comunicacións orais ou escritas ou proxectos creativos, en congresos, exposicións de creación artística, e reunións científicas, nacionais ou internacionais.
  3. O desprazamento terá que estar finalizado antes do 01/11/2026, e non poderá conter períodos de baixa temporal no programa de doutoramento.
  4. Contar co informe favorable da/s persoa/s directora/s da tese de doutoramento.
  5. Ter aprobado pola CAPD o Plan de Investigación.
  6. Para estudantado que ingresara no curso 2023/24 ou anterior, ter aprobadas pola CAPD as avaliacións anuais que pola súa situación lle sexan esixibles:
    • Con carácter xeral ter aprobada a avaliación anual do curso 2024/25.
    • Para estudantado que tivera períodos de baixa no programa de doutoramento, aplicarase unha condición equivalente considerando os seus períodos de alta no programa.
Documentacion

As persoas solicitantes deberán encher o formulario en liña no seguinte enlacehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/15496, descargalo e presentalo na Sede Electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede, e pór como asunto “Bolsas EIDO mobilidade doutoramento”,  achegando unicamente o arquivo coa solicitude.

O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte a publicarse esta convocatoria ata o 15 outubro de 2026 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

No formulario en liña haberá que subir a seguinte documentación (non haberá que subir a documentación á sede electrónica):

1. Descrición do desprazamento para o que solicita a bolsa (anexo II): desprazamento a realizar, lugar de destino, institución ou congreso/curso, duración da actividade e proposta da actividade a realizar no destino.

2. Esta proposta contará co informe favorable da/s persoa/s directora/s da tese de doutoramento.

3. No seu caso, copia doutras solicitudes de bolsa para o mesmo desprazamento ou asistencia que se tivesen presentado tanto en institucións, entidades ou fundacións públicas e privadas.

4. De ser o caso, aceptación da súa comunicación por parte do congreso ou calquera outro documento que acredite a presentación.

5. No caso de estudos cursados nunha universidade distinta á Universidade de Vigo:

 a) Expediente académico (título e certificado de nota media) do grao/ licenciatura/enxeñaría/enxeñaría técnica ou equivalente polo que accedeu ao doutoramento.

O estudantado con titulación doutro país, deberá presentar, xunto coa certificación académica, unha declaración de equivalencia da nota media de expedientes académicos universitarios realizados en centros estranxeiros, obtida a través do procedemento online establecido polo Ministerio de Universidades no seguinte enderezo web:

Equivalencia de notas medias de estudios universitarios realizados en centros extranjeros - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades - Secretaría General de Universidades

 b) Acreditación de titulación de máster universitario.

Observacións

As persoas beneficiarias das bolsas estarán obrigadas a:

  • Destinar a axuda á finalidade para a que foi concedida.
  • Enviar á Sección de Bolsas no prazo de un mes desde a finalización da actividade subvencionada a documentación que acredite a asistencia ao curso/congreso na que figuren as datas de inicio e fin.
  • No caso de obter unha subvención para a mesma finalidade con posterioridade á solicitude da bolsa, as persoas beneficiarias deberán comunicalo por escrito á Sección de Axudas e Bolsas.
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986814094
Web bolsas: https://www.uvigo.gal/es/estudiar/gestiones-estudiantes/becas/becas-movilidad
Taboleiro electrónico: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=53331016
Atrás