Distintivo de galeguización «Gal Ego» destinado a facultades e a escolas da Universidade de Vigo
| Tipo | Premios |
| Organismo convocante | Universidade de Vigo |
| Código | Distintivo de galeguización Gal Ego |
| Data inicio solicitudes | 21/01/2026 |
| Data fin solicitudes | 27/02/2026 |
| Descripción | O galego é a lingua propia e de uso da Universidade de Vigo. Nos seus estatutos, a Universidade de Vigo comprométese a promover, de acordo coas súas competencias, liñas de actuación que garantan o uso pleno da lingua galega en todas as súas actividades docentes, investigadoras, administrativas e de servizos. O Regulamento do uso da lingua galega determina que as comunicacións formais entre centros, servizos e administracións da nosa universidade se realizarán en galego, así como as de uso interno dos diferentes órganos da nosa institución. Tamén, que os centros, departamentos, dependencias administrativas e de servizos da Universidade de Vigo terán como lingua de uso o galego, así como os documentos elaborados polos departamentos e polas entidades institucionais. Con esta finalidade, a Universidade de Vigo publica a presente convocatoria para outorgar o terceiro distintivo de galeguización «Gal Ego» destinado a facultades e a escolas da Universidade de Vigo, co obxectivo de recoñecer o uso activo e permanente da lingua galega no desenvolvemento de todas as súas actividades. Esta proposta pretende impulsar e incentivar o emprego da lingua galega nas facultades e nas escolas da Universidade de Vigo. O distintivo de galeguización outorgaráselle anualmente á facultade ou á escola que máis puntuación obteña. Terá unha vixencia de catro anos (2026-2030), tras os que o centro poderá presentarse de novo a esta convocatoria se o quere renovar. Este distintivo vai acompañado dunha contía económica de 3000 euros para que a dirección da facultade ou da escola distinguida empregue en desenvolver actividades ou iniciativas que fomenten o uso do galego. |
| Requisitos | Poderán solicitar o distintivo de galeguización os equipos directivos ou decanais de todas as facultades e escolas da Universidade de Vigo. |
| Documentacion | A establecida na convocatoria. |
| Silencio administrativo | Desestimatorio |
| Documentos da convocatoria | |
| Ligazóns da convocatoria | |
| Correo electrónico: | Área de Normalización Lingüística |
| Teléfono: | 986813574 |
| Taboleiro da UVigo: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=45DBFA9718826B0A25E8CCCD8604F2C6?idtaskdata=48416050 |