Convocatoria interna de selección de perfís_Ramón y Cajal 2025
| Tipo | Recursos Humanos |
| Organismo convocante | Universidade de Vigo |
| Código | RYC_2025_UVIGO |
| Data inicio solicitudes | 05/11/2025 |
| Data fin solicitudes | 21/11/2025 |
| Enderezo formulario para solicitude online | https://www.aei.gob.es/convocatorias/buscador-convocatorias/ayudas-contratos-ramon-cajal-ryc-2025 |
| Descripción | O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades vén de publicar (BOE 29/10/2025) a Resolución da Presidencia da Agencia Estatal de Investigación pola que se aproba a convocatoria de tramitación anticipada, correspondente ao ano 2025, das axudas Ramón y Cajal, no marco Programa Estatal de Recursos Humanos do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación para o período 2024-2027. O obxectivo destas axudas é promover a incorporación de persoal investigador doutor, español e estranxeiro, cunha traxectoria destacada, en centros de I+D españois, co fin de que adquiran competencias e capacidades que lles permitan obter un posto de carácter estable nun organismo de investigación do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e de Innovación. As axudas concederanse aos centros de I+D para a contratación de persoal investigador doutor durante cinco anos que estará dividida en dúas fases: A primeira fase, dunha duración mínima de tres anos, terá como obxectivo afianzar as capacidades adquiridas durante a primeira etapa previa de formación posdoutoral. Neste período a retribución mínima será de 36.720 euros anuais. A segunda fase terá unha duración máxima de dous anos e para acceder a ela será necesario obter unha avaliación positiva como persoal investigador R3. Durante este período a duración mínima será de 43.400 euros anuais. As axudas contemplan unha financiación adicional para a execución da actividade investigadora de 50.000 euros que poderán chegar a 100.000 no caso de obter unha axuda para a atracción de talento para executar durante todo o período da axuda.
|
| Requisitos | Poderán presentar declaración de interese en acoller persoal investigador doutor seleccionado mediante a convocatoria «Ramón y Cajal 2025» os grupos de investigación de calquera ámbito de coñecemento única e exclusivamente, tendo preferencia as solicitudes dos grupos integrados en centros e institutos de investigación de calquera ámbito de coñecemento. Un mesmo grupo de investigación pode ofertar máis dun perfil, aínda que no proceso de selección a Comisión de Investigación da Universidade de Vigo, á vista do conxunto de solicitudes presentadas e dos méritos dos grupos, poderá limitar o número de perfís autorizados. |
| Documentacion | - Formulario de declaración de interese correspondente. - Compromiso de acollida por parte do departamento. |
| Observacións |
|
| Documentos da convocatoria | |