Secretaría Uvigo

CONCURSO PÚBLICO EXTRAORDINARIO DE MÉRITOS 01/25 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código01/25E_CONC
Data inicio solicitudes19/07/2025
Data fin solicitudes20/10/2025
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/35050848
Descripción

O obxecto da presente convocatoria é a selección de persoal investigador e de apoio á investigación, coas características especificada no anexos III para o desenvolvemento das actividades de investigación que conten con financiamento na Universidade de Vigo, dentro da normativa legal vixente.

O sistema de selección será o de concurso a través da valoración dos méritos especificados no anexo III desta convocatoria.

O proxecto NANO4TALENT trátase dun programa de atracción de talento financiado baixo a competitiva convocatoria MSCA-COFUND baixo o noveno programa marco Horizonte Europa. Este tipo de proxecto acostuma a contar con convocatorias abertas durante varios meses para favorecer a incorporación de persoal internacional, aumentar a súa inclusión e promover a correcta difusión. Ademais NANO4TALENT pretende a captación de persoal posdoutoral excelente que sexa capaz de definir libremente un proxecto de investigación innovador e singular e enmarcado nas áreas de nanomateriais e biomedicina. Considérase necesario contar cun prazo dilatado de solicitude para permitir que que as candidaturas consten de proxectos competitivos. Ao non tratarse dunha convocatoria con proxectos predefinidos, considérase que un prazo menor podería ser insuficiente para o traballo que se require.

Requisitos
  1. Para seren admitidas as persoas aspirantes, ademais de cumprir, de ser o caso, os requisitos específicos que figuran nos anexos III e IV desta convocatoria, deberán posuír no día de remate de presentación de solicitudes e mantelos ata a formalización do contrato, os seguintes requisitos:
    1. Ter a nacionalidade española ou calquera outra á que as normas do Estado atribúan iguais dereitos a efectos laborais na Administración Pública.
    2. Dispor da titulación indicada e cumprir o resto de requisitos publicados coa convocatoria da oferta de contrato.
    3. Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación
    4. Posuír a capacidade funcional necesaria para o desenvolvemento das correspondentes funcións ou
    5. Non ter sido separada mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin estar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos e cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, na que fora separado ou
  2. No caso de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitada ou en situación equivalente nin ter sido sometida a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
  3. Non se esixen requisitos específicos no referente á nacionalidade ou residencia das persoas aspirantes para a participación nos concursos. Non obstante, a contratación de persoas investigadoras estranxeiras de países non comunitarios, condiciónase á obtención dos permisos esixidos na normativa sobre estranxeiría, polo que as datas de inicio dos contratos que se establezan nas convocatorias poderían retrasarse en función dos prazos para a obtención dos devanditos permisos.
  4. As persoas aspirantes non deberán estar incursas en ningunha das causas de incompatibilidade previstas na lexislación vixente sobre incompatibilidades para contratar coa Administración Pública.
Documentacion
  • Curriculum vitae abreviado CVA (AEI) conforme a modelo normalizado en https://cvn.fecyt.es/
  • Declaración responsable (anexo II) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no CVA.
  • Formulario de solicitude (anexo IV)
  • Formulario de aspectos éticos (anexo V)
  • Proposta de investigación (máximo 5 páxinas) 
  • Carta de motivación (máximo 1 páxina)
  • CV, incluíndo información persoal, antecedentes educativos (licenciatura, doutoramento e outros títulos) e traxectoria de investigación.
  • Cartas de recomendación ou detalles de contacto de referencias profesionais (opcional).
  • Copia escaneada do título de Doutor ou certificado oficial de data de defensa da tese (non de resolución)
  • Calquera outro documento que exixa a ficha da correspondente oferta
Observacións

Solicitudes ata as 23:59 horas do 20 de outubro de 2025

Prazo para resolver5 meses
Silencio administrativoDesestimatorio

CONVOCATORIA

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás