Proxectos para o persoal investigador con traxectoria excelente do Campus de Ourense.
Tipo | Proxectos |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | EXCELENTES CAMPUS AUGA 2025 |
Data inicio solicitudes | 10/06/2025 |
Data fin solicitudes | 23/06/2025 |
Descripción | A presente resolución ten por obxecto a aprobación para o ano 2025 do procedemento de concesión de axudas a Proxectos para o persoal investigador con traxectoria excelente do Campus de Ourense no marco do financiamento do Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de accións estratéxicas no Campus Auga de Ourense (2024-2027). Estas axudas pretenden potenciar a captación e retención de talento para o persoal investigador adscrito ao programa Ramón y Cajal da convocatoria 2023 vinculado cun centro do Campus de Ourense, que afiancen unha liña de investigación baseada nun proxecto que potencie as liñas de especialización do Campus Auga aprobadas no seu plan estratéxico 2024-2027. |
Requisitos | Características dos proxectos: Poderán ser beneficiarios/as destas axudas o persoal investigador que cumpra os requisitos establecidos nesta convocatoria e que forme parte dun grupo de investigación da Universidade de Vigo. Os proxectos realizaranse de forma individual, con un/unha investigador/a principal e un equipo de investigación proporcional coas tarefas a realizar e deberán enmarcarse nas liñas de especialización do Campus Auga: Alimentación funcional, Agricultura e Medio Ambiente e Xestión da Auga Termal. Requisitos específicos do persoal investigador Requisitos do persoal investigador principal: O IP deberá cumprir os seguintes requisitos dende a data de peche do prazo de presentación de solicitudes ata que remate o período de execución do proxecto.
Requisitos do persoal do equipo de investigación:
|
Documentacion | No modelo de solicitude faranse constar os seguintes datos:
|
Observacións | Para a solicitude empregarase o formulario anexo a esta convocatoria, unha vez cuberto convertirase a formato pdf e asinarase dixitalmente polo/a solicitante. O/A solicitante presentará o pdf asinado (máximo 10MB) a través da sede electrónica da Universidade de Vigo no procedemento Axudas a proxectos para o persoal investigador con traxectoria excelente do Campus de Ourense, antes do 23.06.2025 ás 23:59 horas. Información: Área de apoio á investigación do Campus de Ourense. vic.investigacion.ou@uvigo.gal / 988 368 880 xainvesou@uvigo.gal / 988 387 325 Oficina técnica de xestión do Campus Auga. xestion.campusauga@uvigo.gal / 988 368 785 |
Prazo para resolver | Tres meses contados a partir do día seguinte da finalización da presentación de solicitudes |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
Procedemento sede electrónica: | https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/43720059 |
Relación provisional de solicitudes admitidas a trámite
Descrición | |
R. R. do 24 de xuño de 2025 pola que se publica a relación provisional de solicitudes admitidas a trámite na Convocatoria de axudas a proxectos para o persoal investigador con traxectoria excelente do Campus de Ourense 2025 | |
Observacións | |
Prazo para reclamar contra a relación provisoria ou para, no seu caso, corrixir ou completar a documentación: ata as 23:59 horas do día 2 de xullo de 2025 (hora peninsular española). As reclamacións ou emendas presentaranse a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) utilizando a instancia SXER-Emenda e mellora da solicitude dirixida á Vicerreitoría do Campus de Ourense– Campus Auga e indicando no asunto “Convocatoria de axudas a proxectos para o persoal investigador con traxectoria excelente do Campus de Ourense 2025”. | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
Relación definitiva de solicitudes admitidas a trámite
Descrición | |
R. R. do 3 de xullo de 2025 pola que se aproba a publicación da relación definitiva de solicitudes admitidas a trámite na Convocatoria de axudas a proxectos para o persoal investigador con traxectoria excelente do Campus de Ourense 2025.
| |
Documentos da fase da convocatoria: | |
Relación provisional de axudas concedidas
Descrición | |
R. R. do 14 de xullo de 2025 pola que se publica a relación provisional de axudas concedidas na Convocatoria de axudas a proxectos para o persoal investigador con traxectoria excelente do Campus de Ourense 2025. | |
Documentos da fase da convocatoria: | |