Secretaría Uvigo

Convocatoria de axudas para a organización de "Olimpiadas do saber" na Universidade de Vigo no ano 2025"

TipoAxudas organización de olimpiadas do saber
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoOS-2025
Data inicio solicitudes26/03/2025
Data fin solicitudes30/05/2025
Descripción

O obxectivo da convocatoria e promover nos centros da Universidade de Vigo a organización de competicións entre xoves estudantes cuxo obxectivo primordial sexa estimular o estudo e incentivar a adquisición de actitudes e competencias científicas, tecnolóxicas, lingüísticas, humanísticas e/ou sociais.

Requisitos

Poderán solicitar esta axuda os centros da Uvigo que organicen as citadas Olimpíadas do Saber que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Que o estudantado compita intelectualmente, por equipos ou de xeito individual, de forma construtiva, comprometida e reflexiva.
  2. Que fomenten o esforzo e o rendemento académico do estudantado en calquera das materias científicas, tecnolóxicas, lingüísticas, humanísticas e/ou sociais que formen parte do currículo de Educación Secundaria Obrigatoria ou Bacharelato.
  3. Que participe estudantado de, polo menos, cinco centros educativos que impartan educación secundaria obrigatoria ou bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
  4. Que se realicen durante o curso 2024/2025 na Facultade/Escola da Uvigo que a solicita.
Documentacion

Impreso normalizado de solicitude (Anexo I) de axuda para a organización da Olimpíada do Saber a cubrir polo decanato ou dirección do centro deberá achegarse debidamente cuberto, asinado e a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) como Instancia Xenérica (SXER) dirixido á Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade. 

Xunto coa solicitude deberán presentar a seguinte documentación:

  • Acordo da xunta de centro, ou comisión delegada da mesma, relativo á solicitude da axuda.
  • Documento acreditativo da concesión doutras axudas externas às da Universidade de Vigo para o mesmo fin, indicando a contía da mesma, de ser o caso.
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Taboleiro da UVigo: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=42491512
Correo electrónico: Servizo de Xestión da Extensión Universitaria
Atrás