Secretaría Uvigo

Axudas a proxectos do persoal investigador na etapa de formación posdoutoral do Campus de Ourense. INOU + POSDOU CAMPUS AUGA 2025

TipoProxectos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoINOU + POSDOU CAMPUS AUGA 2025
Data inicio solicitudes12/03/2025
Data fin solicitudes28/03/2025
Descripción

A presente resolución ten por obxecto a aprobación para o ano 2025 do procedemento de concesión de axudas a proxectos para o persoal investigador na etapa de formación posdoutoral do Campus de Ourense (INOU+ POSDOU Campus Auga 2025), no marco do financiamento do convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de accións estratéxicas no Campus Auga (2024-2027).

Estas axudas teñen como finalidade contribuír a potenciar as liñas de especialización do Campus da Auga aprobadas no seu plan estratéxico 2024-2027.  

Con estas axudas preténdese que sexa unha vía de retención de talento, para que o persoal investigador novo con contribucións científico-técnicas relevantes e innovadoras teñan a posibilidade de liderar proxectos como investigadores/as principais (IP), co fin de que adquiran as competencias e capacidades que lle permitan obter as acreditacións e axudas que posibiliten a súa estabilización en organismos de investigación.

Requisitos

Características dos proxectos

Poderán ser beneficiarios/as destas axudas o persoal investigador que cumpra os requisitos establecidos nesta convocatoria e que forme parte dun grupo de investigación da Universidade de Vigo.

Os proxectos realizaranse de forma individual, con un/unha IP e un equipo de investigación proporcional coas tarefas a realizar e deberán enmarcarse nas liñas de especialización do Campus Auga: Alimentación funcional, Agricultura e Medio Ambiente e Xestión da Auga Termal.

Requisitos específicos do persoal investigador

O/A IP e os membros do equipo de investigación deberán cumprir os seguintes requisitos dende a data de peche do prazo de presentación de solicitudes ata que remate o período de execución do proxecto.

3.1. Investigador/a principal (IP).

  • Estar en posesión do grao de doutor/a e manter unha relación contractual coa Universidade de Vigo con centros do Campus de Ourense na que a súa finalidade primordial sexa completar a súa formación investigadora posdoutoral.
  • Non estar contratado/a con cargo a fondos de proxectos de investigación ou outras actividades de I+D ao abeiro do artigo 60 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario.
  • O persoal investigador beneficiario dunha axuda posdoutoral que inclúa un contrato de estadía non poderá figurar como IP no transcorrer desa fase do contrato.
  • Non ter sido IP en ningún outro proxecto de investigación de carácter competitivo de ámbito autonómico, estatal ou internacional.
  • Non ser IP da convocatoria INOU 2025.
  • Ningún IP poderá figurar na solicitude de máis dun proxecto.

As solicitudes lideradas por persoal investigador que acudiu á convocatoria “Ramón y Cajal” 2024 teranse en conta nos criterios de valoración. No caso de ser beneficiario/a da mesma antes da resolución de concesión das axudas desta convocatoria poderá ser motivo de exclusión.

3.2 Equipo de investigación.

  • Ter unha relación contractual coa Universidade de Vigo a tempo completo con capacidade para desenvolver tarefas investigadoras.
  • O persoal investigador predoutoral contratado co motivo de superar un procedemento de selección de persoal en concorrencia competitiva convocado por calquera entidade do sector público deberá presentar a correspondente autorización de dita entidade.
  • O persoal investigador beneficiario dunha axuda posdoutoral que inclúa un contrato de estadía non poderá figurar como membro do equipo de investigación no transcorrer desa fase do contrato.
  • Desenvolver o seu labor investigador en instalacións do Campus de Ourense, entenderase que a pertenza a unha das xuntas de centro deste campus é condición suficiente, o resto do persoal deberá acreditar a súa adscrición investigadora ao Campus de Ourense.
  • Ningún investigador/a poderá figurar na solicitude de máis dun proxecto.
Documentacion

No modelo de solicitude faranse constar os seguintes datos:

  • Datos do/da IP, que será a persoa solicitante da axuda.
  • Datos dos membros do equipo de investigación que deberá ser proporcional coas tarefas a realizar.
  • Obxectivos xerais e específicos, así como o impacto científico-técnico e grao de innovación.
  • Metodoloxía, plan de traballo e dedicación do persoal investigador asignado a cada tarefa.
  • Plan de comunicación dos resultados.
  • Impacto esperado dos resultados do proxecto relacionado coas liñas de especialización do Campus Auga.
  • Orzamento con indicación dos conceptos e o importe dos diferentes gastos.
  • Currículo abreviado relacionado coas liñas estratéxicas do Campus Auga.
Observacións

Para a solicitude empregarase o formulario anexo a esta convocatoria, unha vez cuberto convertirase a formato pdf e asinarase dixitalmente polo/a solicitante.

O/A solicitante presentará o pdf asinado e o seu CVA (máximo 10MB) a través da sede electrónica da Universidade de Vigo no procedemento Axudas a proxectos para o persoal investigador na etapa de formación posdoutoral do Campus de Ourense (INOU+ POSDOU Campus Auga 2025), antes do 28.03.2025 ás 23:59 horas.

Información: Área de apoio á investigación do Campus de Ourense. vic.investigacion.ou@uvigo.gal / 988 368 880  xainvesou@uvigo.gal / 988 387 325

Oficina técnica de xestión do Campus Auga. xestion.campusauga@uvigo.gal / 988 368 785

Prazo para resolverTres meses contados a partir do día seguinte da finalización da presentación de solicitudes
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Liñas de especialización do Campus Auga: https://campusauga.uvigo.es/areas-de-especializacion/

Relación provisional de solicitudes admitidas a trámite

Descrición

Resolución reitoral do 11/4/2025 pola que se publica a relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas a trámite na Convocatoria de axudas a proxectos do persoal investigador na etapa de formación posdoutoral do Campus de Ourense (InOu+Posdou Campus Auga 2025) 

Observacións

Ábrese un prazo de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, para reclamar contra a relación provisoria ou para, no seu caso, corrixir ou completar a documentación.

As reclamacións ou emendas presentaranse a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) utilizando a instancia SXER-Emenda e mellora da solicitude  dirixida á Vicerreitoría do Campus de Ourense– Campus Auga e indicando no asunto “Convocatoria INOU+POSDOU Campus Auga 2025”.

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás