Secretaría Uvigo

Axudas a grupos de investigación do Campus de Ourense. INOU 2025

TipoProxectos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoINOU-25
Data inicio solicitudes12/03/2025
Data fin solicitudes28/03/2025
Descripción

A presente resolución ten por obxecto a aprobación para o ano 2025 do procedemento de concesión de axudas a grupos de investigación do Campus de Ourense (INOU 2025), no marco do financiamento do convenio que se asina anualmente coa Deputación Provincial de Ourense para o desenvolvemento de actividades de difusión cultural, investigación, formación e deportes no Campus de Ourense.

Estas axudas teñen como finalidade o financiamento de proxectos de interese para a Universidade de Vigo e a Deputación de Ourense, apoiando as investigacións que contribúan ao desenvolvemento social e económico da provincia de Ourense e ao coñecemento da súa realidade.

A convocatoria persegue impulsar a interacción entre grupos de investigación do Campus de Ourense dos diferentes ámbitos de coñecemento: a) Ciencias b) Ciencias da Saúde, c) Enxeñería e Arquitectura d) Ciencias Sociais e Xurídicas e) Arte e Humanidades.

Requisitos

Características dos proxectos

Poderán ser beneficiarios/as destas axudas o persoal investigador (IP) que cumpra os requisitos establecidos nesta convocatoria e que forme parte dun grupo de investigación da Universidade de Vigo.

Os proxectos realizaranse de forma individual, con un/unha ou dous/dúas IP e un equipo de investigación proporcional coas tarefas a realizar.

Cada grupo de investigación só liderará unha solicitude xa sexa co IP 1 ou co IP 2.

As solicitudes con dous/dúas IP será obrigatorio que pertenzan a ámbitos diferentes, ambos/as terán a mesma consideración a todos os efectos, pero será o/a IP 1 quen presentará a solicitude, fixará o ámbito de aplicación do proxecto e actuará como interlocutor/a cos servizos administrativos da Universidade de Vigo para os diversos trámites relacionados coa xestión do proxecto.

Se o proxecto se presenta con dous/dúas IP e algún deles/as fose excluído/a por non reunir os requisitos establecidos nesta convocatoria, poderá admitirse a trámite a solicitude cun/cunha  único/a IP se a viabilidade do proxecto non se ve comprometida.

Coa finalidade de potenciar na medida do posible a colaboración entre grupos de investigación de diferentes centros do Campus de Ourense, tamén terá a consideración de ámbito diferente para a súa avaliación os proxectos liderados por persoal investigador de distintas áreas de coñecemento do mesmo ámbito, sempre que as súas tarefas investigadoras se desenvolvan en diferentes centros e se xustifique axeitadamente

Requisitos específicos do persoal investigador

O/A IP e os membros do equipo de investigación deberán cumprir os seguintes requisitos dende a data de peche do prazo de presentación de solicitudes ata que remate o período de execución do proxecto.

 3.1. Investigador/a principal (IP).

  • Estar en posesión do grao de doutor/a e manter unha relación contractual laboral non funcionarial a tempo completo coa Universidade de Vigo.
  • Non estar contratado/a con cargo a fondos de proxectos de investigación ou outras actividades de I+D.
  • O persoal investigador beneficiario dunha axuda posdoutoral que inclúa un contrato de estadía non poderá figurar como IP no transcorrer desa fase do contrato.
  • Desenvolver o seu labor investigador en instalacións do Campus de Ourense, entenderase que a pertenza a unha das xuntas de centro deste campus é condición suficiente, o resto do persoal deberá acreditar a súa adscrición investigadora ao Campus de Ourense.
  • Non ter sido beneficiario/a dunha axuda INOU 2024, nin de dúas ou máis axudas INOU, así como de ningún outro proxecto de investigación de carácter competitivo de ámbito autonómico, estatal ou internacional.
  • Non ser IP da convocatoria INOU+POSDOU Campus Auga 2025.
  • Non poderá figurar na solicitude de máis dun proxecto.

3.2. Equipo de investigación.

  • Ter unha relación contractual coa Universidade de Vigo a tempo completo con capacidade para desenvolver tarefas investigadoras.
  • Non estar contratado/a con cargo a fondos de proxectos de investigación ou outras actividades de I+D.
  • O persoal investigador beneficiario dunha axuda posdoutoral que inclúa un contrato de estadía non poderá figurar como membro do equipo de investigación no transcorrer desa fase do contrato.
  • O persoal predoutoral en formación contratado co motivo de superar un procedemento de selección de persoal en concorrencia competitiva convocado por calquera entidade do sector público deberá presentar a correspondente autorización de dita entidade.
  • Desenvolver o seu labor investigador en instalacións do Campus de Ourense, entenderase que a pertenza a unha das xuntas de centro deste campus é condición suficiente, o resto do persoal deberá acreditar a súa adscrición investigadora ao Campus de Ourense.
  • Non ser actualmente IP en ningún outro proxecto de investigación de carácter competitivo de ámbito autonómico, estatal ou internacional.
  • O persoal investigador non poderá figurar na solicitude de máis dun proxecto.
Documentacion

No modelo de solicitude faranse constar os seguintes datos:

  • Datos do IP 1, que será a persoa solicitante da axuda.
  • Datos do IP 2, se procede, que deberá ser de diferente ámbito ao do solicitante.
  • Datos dos membros do equipo de investigación que deberá ser proporcional coas tarefas a realizar.
  • Obxectivos xerais e específicos.
  • Metodoloxía, plan de traballo e dedicación do persoal investigador asignado a cada tarefa.
  • Xustificación, se procede, do carácter multidisciplinar da proposta.
  • Plan de comunicación dos resultados.
  • Impacto esperado dos resultados do proxecto para a provincia de Ourense.
  • Orzamento con indicación dos conceptos e o importe dos diferentes gastos.
  • Relación dos seis méritos máis relevantes dos recollidos no anexo II, referidos exclusivamente á traxectoria investigadora dos/das IP, indicarase o tipo de mérito, a súa descrición e a puntuación que lle corresponde, segundo os criterios específicos aprobados pola Universidade de Vigo para a avaliación da produción investigadora do ano 2023, así como a información xustificativa.
Observacións

Para a solicitude empregarase o formulario anexo a esta convocatoria, unha vez cuberto convertirase a formato pdf e asinarase dixitalmente polo/a solicitante.

O/A solicitante presentará o pdf asinado (máximo 10MB) a través da sede electrónica da Universidade de Vigo no procedemento Axudas a grupos de investigación do Campus de Ourense (INOU 2025), antes do 28.03.2025 ás 23:59 horas.

Información: Área de apoio á investigación do Campus de Ourense. vic.investigacion.ou@uvigo.gal / 988 368 880  xainvesou@uvigo.gal / 988 387 325

Prazo para resolverTres meses contados a partir do día seguinte da finalización da presentación de solicitudes
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria

Relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas a trámite

Descrición

R. R. do 11/4/2025 pola que se publica a relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas a trámite na Convocatoria de axudas a grupos de investigación do Campus de Ourense (InOu 2025)

Observacións

 Ábrese un prazo de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, para reclamar contra a relación provisoria ou para, no seu caso, corrixir ou completar a documentación.

As reclamacións ou emendas presentaranse a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) utilizando a instancia SXER-Emenda e mellora da solicitude  dirixida á Vicerreitoría do Campus de Ourense– Campus Auga e indicando no asunto “Convocatoria INOU 2025”.

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás