Secretaría Uvigo

Preselección de candidaturas para solicitude axuda Persoal Técnico de Apoio (PTA), 2024

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoPTA_INTERNA_2024
Data inicio solicitudes07/11/2024
Data fin solicitudes14/11/2024
Descripción

Seleccionaranse as persoas candidatas para a solicitude de axudas PTA pola Universidade de Vigo ao Ministerio de Ciencia e Innovación para os seguintes centros da Universidade de Vigo: 

PRAZA 1– Técnico/a de apoio en análise instrumental- Servizo de Seguridade Alimentaria e Desenvolvemento Sostible do Campus de Ourense – Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico a Investigación CACTI.

PRAZA 2 –  Técnico/a de apoio en magnetometría- Servizo de Microscopía Electrónica – Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico a Investigación CACTI.

PRAZA 3 –  Técnica/o de apoio ao deseño de instrumentos de investigación en Ciencias Sociais: modelos e bases de datos – Economics and Business Administration for Society (ECOBAS)

PRAZA 4 –  Técnica/o de apoio en laboratorio de fabricación aditiva – Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo- CINTECX

PRAZA 5 –  Técnica/o de apoio en Sensórica de IFCAE – Instituto de Investigación en Física e Ciencias Aeroespaciais (IFCAE).

PRAZA 6 –  Técnica/o de apoio en análise da calidade e seguridade alimentaria mediante técnicas cromatográficas acopladas á espectrometría de masas–  Instituto de Agroecoloxía e Alimentación.

PRAZA 7 –  Técnica/o de apoio en laboratorios– Research Center for Telecommunication Technologies  attlanTTic.

PRAZA 8 –  Técnica/o de apoio en nanofabricación robotizada – Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina CINBIO.

PRAZA 9  –  Técnica/o de apoio en Oceanografía - Centro de Investigación Mariña CIM.

 

Requisitos

a) Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

1º Titulación universitaria: Licenciatura, Enxeñaría, Arquitectura, Grao, Máster, Diplomatura, Enxeñaría Técnica ou Arquitectura Técnica.

2º Titulación no marco da formación profesional do sistema educativo: Técnico Superior.

As persoas participantes deberán estar en posesión da titulación na data de finalización do prazo de presentación da solicitudes, 26 de novembro de 2024 .

b) Non estar disfrutando nin disfrutar en data posterior, dun contrato cofinanciado polas axudas concedidas por esta actuación en convocatorias anteriores.

c) Non estar vinculada laboralmente coa Universidade de Vigo no momento actual nin estalo antes do 4 de decembro de 2024.

Documentacion

O prazo para a presentación da declaración de interese rematará o 14 de novembro de 2024.

 

Observacións

Só se admitirán as declaracións de interese que sigan as intrucións e presenten correctamente a documentación solicitada. 

Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Convocatoria PTA 2024 da AEI: https://www.aei.gob.es/convocatorias/buscador-convocatorias/ayudas-contratos-personal-tecnico-idi-2024/convocatoria
Atrás