Secretaría Uvigo

BOLSAS DE INICIO NA INVESTIGACIÓN NO CENTRO DE INVESTIGACIÓN INTERUNIVERSITARIO ECOBAS PARA O CURSO 2024/2025

TipoOutras actividades
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoECOBAS2024
Data inicio solicitudes09/10/2024
Data fin solicitudes28/10/2024
Descripción

A presente convocatoria ten por obxecto promover a incorporación de estudantado interesado en 
iniciarse na carreira investigadora, facilitando a súa formación teórica e práctica, así como a 
adquisición de novas capacidades e destrezas que permitan o desenvolvemento da competencia 
investigadora no ámbito de traballo da Axenda Científica de ECOBAS.
Convócanse un máximo de 6 bolsas de iniciación á investigación en economía. 

Requisitos

Pode solicitar bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:


a) Estar matriculado no curso 2024/2025 ou ben na totalidade dos créditos do Mestrado Interuniversitario en Economía da Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo; ou ben matriculado a tempo completo no último curso de grao de Economía ou Administración de Empresas na Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.
b) Ter un expediente académico superior a 7/10 puntos.


Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003 xeral de subvencións, de 17 de novembro.

Documentacion

1. Certificación académica e xustificante de matrícula do curso 2024/25 do estudantado matriculado na USC e na UDC
2. Acreditación do nivel de inglés
3. Acreditación de formación en linguaxe de programación e de cálculos estatísticos (R, Phyton, Stata)
4. Acreditación de formación adicional no eido da economía e a empresa

Observacións

OBRIGAS
A persoa beneficiaria deberá:
- Destinar a bolsa á finalidade para a que foi concedida, para tal fin deberá colaborar na investigación e actividade científica proposta por ECOBAS ao longo de 45 días a partir do 15 de xaneiro de 2025.
- Achegar a ecobas@ecobas.gal no prazo máximo de 10 días naturais seguintes á finalización da bolsa, unha memoria final das actividades realizadas durante todo o período da bolsa.
- Seguir as normas de filiación a ECOBAS e identidade corporativa en todas as súas comunicacións e publicacións derivadas da súa produción científica.
Ademais o/a beneficiario/a debe cumprir as obrigas recollidas no artigo 14.1 da Lei 38/2013, de 17 de novembro, xeral de subvencións, que lle sexan de aplicación.

Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: ecobas@ecobas.gal

Admisión/exclusión

Documentos da fase da convocatoria:

Concesión

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás