Secretaría Uvigo

Axudas propias para a mobilidade de persoal investigador dos programas de doutoramento afíns ao Campus Crea

TipoMobilidade
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoMOBCREA_24
Data inicio solicitudes12/09/2024
Data fin solicitudes30/09/2024
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/
Descripción

A convocatoria de axudas propias á mobilidade de persoal investigador da Universidade de Vigo ten por obxecto financiar dúas estadías en centros de investigación ou centros de arte do persoal investigador que cumpra os requisitos sinalados, co obxectivo de contribuír ao intercambio de coñecemento e á mellora e internacionalización da súa actividade investigadora.

 

Requisitos

-Estudantes de doutoramento con matrícula nos programas de doutoramento afíns aos obxectivos do Campus CREA sinalados no anexo III desta convocatoria que enmarquen a súa investigación nas áreas de arte e creatividade, arte e deseño, arte e comunicación ou arte e sociedade. Quen sexa beneficiaria ou beneficiario dunha axuda de apoio á etapa predoutoral non poderá solicitar axuda para a mesma estadía para a quen ten concedido financiamento autonómico ou estatal.

Para poder presentar unha solicitude hai que cumprir os seguintes requisitos:

- Non se pode estar incursa nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro xeral de subvencións.

- Ter agotado o crédito concedido para realizar estadías de investigación polas convocatorias autonómicas ou estatais correspondentes. 

- Non ter sido obrigada a reintegrar ou non ter perdido o dereito ao cobro do importe dalgunha axuda propia para a mobilidade de persoal investigador da Universidade de Vigo nas tres últimas convocatorias. 

Documentacion

As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

  1. Breve resumo (150-200 palabras), do traballo de investigación/creación artística que se vai realizar xustificando o seu interese.
  2. Informe da dirección da tese de doutoramento incluíndo a conveniencia do desprazamento ao centro de investigación ou centro de arte elixido.
  3. Documento que acredite a admisión no centro receptor e período para o que se solicita a estadía con data anterior ao inicio dela. No caso de estadías xa realizadas este documento será substituído polo certificado de realización da estadía.
  4. Declaración de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ao fronte da Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento algunha outra débeda con ningunha Administración Pública.
  5. Documentos acreditativos daqueles tres méritos obtidos no período 2021-2024 que sometan a avaliación presentados de acordo co Anexo II da convocatoria. De presentarse máis de tres méritos, a solicitude sairá admitida con defectos e deberá especificar na fase de subsanación de solicitudes que méritos selecciona. De non realizar este trámite entenderase que non presenta méritos.

Só se terán en conta os méritos obtidos na data de finalización de presentación de solicitudes, non sendo posible a actualización posterior deles. Os méritos presentados, pero non acreditados adecuadamente poderán ser obxecto de emenda no período habilitado para isto na resolución de admisión provisional.

 

Observacións

O prazo de presentación das solicitudes comezará o 12 de setembro e permanecerá aberto ata o día 30 de setembro de 2024.


As solicitudes das persoas interesadas, acompañadas pola documentación prevista para cada modalidade de axuda, deberán tramitarse a través do módulo de convocatorias do Sistema Unificado de Xestión de Investigacion (SUXI) no que se debe estar rexistrada.

O acceso ao SUXI realízase a través da secretaría virtual da Universidade de Vigo no seguinte enderezo: 

https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/

A convocatoria de mobilidade activarase o día 12 de setembro.

Será necesario presentar o resgardo resultante a través da Sede Electrónica da Universidade de Vigo no seguinte enderezo https://sede.uvigo.gal/ a través dunha instancia xenérica SXER indicando no axunto-Solicitude de axudas para estadías Campus CREA,  e dirixíndoa ao Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento. Este paso é imprescindible para considerar presentada unha solicitude. 

 

Prazo para resolver3 meses
Ligazóns da convocatoria
Acreditación de idiomas CRUE: https://www.crue.org/proyecto/acreditacion-en-idiomas/
Certificados de idiomas reconocidos ACLES: https://www.acles.es/216-tablas-de-certificados-reconocidos-por-acles
Taboleiro de anuncios Universidade de Vigo: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=39855138

Fase de solicitude

Documentos da fase da convocatoria:

Fin de proceso

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás