Secretaría Uvigo

Convocatoria de matrícula en estudos de posgrao para o curso 2024/2025

TipoConvocatoria de estudos de posgrao
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoMATPOSGRAO 2024_2025
Data inicio solicitudes23/05/2024
Data fin solicitudes31/05/2025
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/matriculate
Descripción

       En cumprimento do establecido nos Estatutos da Universidade de Vigo (DOG de 22 de febreiro de 2019), no Regulamento de Estudos Oficiais de Posgrao (aprobado polo Consello de Goberno na súa reunión do 14 de marzo de 2007, modificado nas sesións do 16 de abril de 2010, 8 de febreiro de 2012, 18 de decembro de 2013, e 27 de xullo de 2022), no Regulamento de Estudos de Doutoramento (aprobado polo Consello de Goberno na súa reunión do 20 de xullo de 2012 e modificado nas sesións do 6 de xuño de 2014, do 7 de febreiro de 2017, do 27 de febreiro de 2020, e 1 de febreiro de 2022), nos calendarios de matrícula (aprobados pola Comisión de Organización Académica e Profesorado nas súas reunións do 18 e 22 de marzo, para estudos de máster, e pola Comisión Permanente da Escola Internacional de Doutoramento na súa reunión do 21 de marzo de 2024) e na Normativa de permanencia e progreso (DOG do 30 de xuño de 2017), na Normativa de simultaneidade de estudos e na Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos, esta Reitoría resolve publicar a convocatoria de matrícula nos estudos oficiais conducentes aos títulos de Máster Universitario e de Doutor/Doutora para o curso académico 2024/2025, conforme ás seguintes normas, estruturadas en tres capítulos:  I) matrícula en másteres universitarios; II) matrícula en estudos de doutoramento; e III) normas comúns á matrícula nos estudos de posgrao.

 

Requisitos

Para a admisión, quen desexe incorporarse a unha titulación universitaria oficial de Máster, ou de Doutoramento, na Universidade de Vigo, ademais de cumprir algún dos requisitos de acceso establecido no RD 822/2021, no caso dos másteres, ou no RD 99/2011, no caso dos doutoramentos, ten que solicitar praza polo procedemento de preinscrición que para cada caso corresponda.

Poderá matricularse quen teña concedida a admisión segundo o sistema de preinscrición establecido nesta convocatoria, quen desexe continuar os estudos xa iniciados e, quen se acredite como estudante de intercambio ou visitante, sempre que non se incorra nalgún dos supostos de impedimento establecidos na presente convocatoria, nas normas de xestión académica, na normativa de permanencia, no regulamento de estudos de doutoramento e, en resolucións, instruccións e nos plans de estudo.

Documentacion

A documentación a presentar pódese consultar na norma I.1.3.2., para o caso do acceso a másteres, e na norma II.1.4., para o caso do acceso a programas de doutoramento.

Observacións

É moi importante destacar que a matrícula quedará formalizada dende o momento no que se complete o proceso e se xere a folla de liquidación, aínda que non se entregue a documentación e/ou que os prezos públicos non sexan aboados, e/ou que non se faga uso das actividades académicas. O feito de non aboar os prezos públicos, de non entregar a documentación e/ou a non asistencia ás actividades académicas non implica a anulación automática da matrícula.

Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Matricúlate nun máster: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/matriculate/matricula-masteres
Matricúlate nun programa de doutoramento: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/matriculate/matricula-doutoramento
Conta de correo electrónico institucional @uvigo.es: https://correoweb.uvigo.es/login.php
Prezos públicos: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/matriculate/prezos-publicos
Bolsas: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas
Calendario académico: https://www.uvigo.gal/estudar/organizacion-academica/calendario-academico
Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/organizacion-administrativa/servizo-xestion-estudos-posgrao
Acceso á secretaría virtual: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/secretaria
Como conseguir unha conta na uvigo: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/axuda/faq/10
Xestión e trámites mentres estudas: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/mentres-estudas
Servizo de Extensión Universitaria: https://www.uvigo.gal/campus/atencion-diversidade/que-podemos-axudar
Recuperar datos de acceso á secretaría virtual: https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/index.php?modulo=incidencias&accion=recuperaDatosAcceso
Correo electrónico: Delegada de Protección de datos
Escola Internacional de Doutoramento (EIDO): https://www.uvigo.gal/estudar/organizacion-academica/eido-escola-internacional-doutoramento
Correo electrónico: Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao
Atrás