Secretaría Uvigo

2024 - Concursos de creación audiovisual, fotografía, pintura e maquetas de música

TipoConcursos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2024 - Concursos - premios
Data inicio solicitudes13/05/2024
Data fin solicitudes30/07/2024
Descripción

Coa intención de promover prácticas culturais e artísticas e de dar visibilidade á creatividade da nosa comunidade universitaria, convócanse os seguintes concursos en 2024:

  • XXI premio de creación audiovisual.
  • XX certame de fotografía.
  • XXI premio de pintura.
  • XXI premio de maquetas de música
Requisitos

Membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo (estudantado, PAS ou PDI) coas especificacións, que para cada premio, se recollen na convocatoria.

 

Documentacion

Prazo de presentación de solicitudes:   do 13 de maio ata o 30 de xullo de 2024, ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Prazo de presentación da obra: neste mesmo prazo terá que cargarse a obra de acordo coas indicacións establecidas nas bases de cada modalidade (recoméndase que o día que presenten a solicitude en sede a continuación presenten a obra no aplicativo DPV).

A presentación fóra de prazo supón a non admisión a trámite da solicitude.

Observacións

Guía de cómo facelo:

1.- A persoa autora da obra ten que cumprimentar o formulario de participación que se  atopa  na  secretaría virtual  da Universidade de Vigo. As ligazóns son as seguintes:

Creación Audiovisual :  Preme aquí

Fotografía: Preme aquí

Pintura: Preme aquí

Maquetas de música: Preme aquí

Unha vez cumprimentado o formulario terá que xerar o PDF (premendo no botón "Imprimir PDF") e asinalo con certificado dixital. Este documento será o que presentará na sede electrónica de acordo co indicado no paso 2.

2.-No prazo de solicitudes indicado anteriormente, e dende o procedemento correspondente da sede electrónica,  despois de ler a información deberá premer no  botón “INICIAR TRAMITACIÓN”:

No campo “Asunto” indicará o premio e a modalidade á que opta.

No campo “Documentación” engadirá o documento PDF xerado no paso anterior.

Por último premerá en “Enviar solicitude”, isto xerará o xustificante de presentación en sede.

3.-O xustificante de presentación en sede inclúe as ligazóns para cargar a obra que presenta ao concurso e a contrasinal de acceso que se necesitará para realizala a través de DPV.

4.-Para finalizar, o arquivo da obra ou traballo a cargar no aplicativo DPV, debe nomearse co número de xustificante de presentación e deberá ter o formato que se especifique na convocatoria para cada modalidade de premio.

Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías.

INFORMACIÓN E CONSULTAS

Sección de Extensión Universitaria

Teléfono: 986 813626

Correo electrónico: extension@uvigo.es

 

Documentos da convocatoria

Concesión XX Premio de fotografía

Documentos da fase da convocatoria:

Concesión XXI Premio de creación audiovisual

Documentos da fase da convocatoria:

Concesión XXI Premio de maquetas de música

Documentos da fase da convocatoria:

Concesión XXI Premio de pintura

Documentos da fase da convocatoria:

Resolución nomeamento dos xurados

Documentos da fase da convocatoria:

Convocatoria Concurso premios 2024

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás