Programa Campus Rural - Fase I oferta de entidades
Tipo | Bolsa de formación |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | 2023-2024 Campus Rural |
Data inicio solicitudes | 06/03/2024 |
Data fin solicitudes | 20/03/2024 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/12600 |
Descripción | O programa permitirá que o estudantado universitario de calquera titulación oficial poida completar a súa formación mediante a realización de prácticas académicas, tanto curriculares como extracurriculares, no ámbito rural, en zonas con problemas de despoboamento, residindo no mesmo, coñecéndoo en profundidade e convivindo e colaborando coa súa xente, de modo que poidan velo como un lugar de oportunidades para o desenvolvemento do seu futuro profesional. Oferta de titulacións de Grao da Universidade de Vigo para o Campus Rural Oferta de titulacións de Mestrados da Universidade de Vigo para o Campus Rural
|
Requisitos | a) Pode participar neste programa calquera administración local, institución, organismo, entidade sen ánimo de lucro ou empresa legalmente constituídas, que desenvolvan a súa actividade en municipios españois de menos de 5.000 habitantes. b) As prácticas ofertadas débense poder realizar nun período mínimo de 2 meses, e máximo 4 meses en casos xustificados, comprendido entre o 15 de maio e o 15 de novembro de 2024. |
Documentacion |
As entidades para cada perfil buscado deben presentar unha única oferta, podendo presentar tantas ofertas como perfís de prácticas demandados, indicando os perfís requiridos en cada unha delas e podéndose establecer ata un máximo 5 titulacións relacionadas co perfil que se busca.
|
Prazo para resolver | 3 meses |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
Correo electrónico: | Enderezo electrónico |
Teléfono: | 986 81 40 94 |
Web: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion |
Taboleiro: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=7A38AB24D1DFFF488CE224764211145A?idtaskdata=31249369 |