Secretaría Uvigo

2024 Premio Excelencia Académica Grao Xunta de Galicia

TipoPremios
Organismo convocanteXunta de Galicia
Código2024_PEG XUNTA
Data inicio solicitudes01/03/2024
Data fin solicitudes01/03/2024
Descripción

Premios Ángela Ruiz Robles á excelencia académica para o alumnado de grao do curso académico 2022/23 no Sistema universitario de Galicia.

Concederase un premio por cada un dos cursos en que se estruturan os plans de estudos das titulacións oficiais de grao, agás no derradeiro curso, e en cada un dos centros en que se impartan. 

Para o alumnado dos programas de simultaneidade de graos estenderase o premio ata o penúltimo curso anual dos ditos programas.

Cada persoa premiada recibirá unha dotación económica de 1.100 euros e un diploma acreditativo.

Requisitos
  • Non estar en posesión dunha titulación universitaria oficial.
  • Ter no curso académico 2022/2023 a nota media igual ou superior a 8 puntos.
  • Ter superado no curso académico 2022/2023 con aproveitamento excelente a totalidade dos créditos matriculados que, como mínimo serán 60, excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
  • Estar matriculado da mesma titulación no curso 2023/2024.
Observacións

Os premios outorgaranse de oficio por proposta das universidades do Sistema universitario de Galicia.

  •  Publicarase aquí a relación provisional do alumnado seleccionado de acordo cos requisitos establecidos nesta convocatoria.
  • As persoas interesadas disporán dun prazo de cinco (5) días desde a súa publicación
    para efectuaren as súas reclamacións.
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
web: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42503

13/03/2024 Listaxe provisoria do estudantado proposto para os premios

Descrición

Alegacións a partir do dia seguinte o da publicación e ata o día 20 de marzo ás 23:59 (hora peninsular española)

Observacións

Enlace ao taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

21/03/2024 Listaxe definitiva do estudantado proposto para o premio

Observacións

Enlace ao Taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

15/04/2024 Publicación listaxe definitiva de persoas propostas Xunta de Galicia

Descrición

Aquí podes consultar a publicación de estudantes propostas https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42503

As persoas propostas deberán presentar obrigatoriamente o documento de aceptación (Anexo II da convocatora) do 16 ao 29 de abril por medios electrónicos a través do formulario PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal 

De non presentar nese prazo entenderase que renuncian ao premio.

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás