Secretaría Uvigo

Bolsas Uvigo-Refuxio-Máster para estudantado afectado polo conflicto de Palestina

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2026-2027 Bolsa Uvigo-Refuxio Máster
Data inicio solicitudes09/06/2026
Data fin solicitudes25/06/2026
Descripción

OBXECTO

O obxecto desta convocatoria é facilitar ás persoas afectadas polo conflito de Palestina e indicadas no punto 2.a) das bases da convocatoria, a realización de estudos universitarios de máster que permitan a súa integración no noso país.

Requisitos

Poderán solicitar bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Ter nacionalidade palestina e residir en Palestina ou en territorios limítrofes.
  2. Estar admitida nunha titulación oficial de máster da Universidade de Vigo.
  3. Ter coñecemento do idioma español ou galego que permita o seguimento adecuado dos estudos.
  4. Contar co aval dunha entidade social de referencia en materia de protección internacional.
  5. Non posuír título en España en estudos do mesmo nivel para os que se solicita a bolsa.
Documentacion

A solicitude realizarase a través do formulario en liña dispoñible na secretaría virtual da Universidade de Vigo no seguinte enlace

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/15476

O prazo de presentación das solicitudes comezará o día seguinte a publicarse esta convocatoria e remata o 25 de xuño de 2026 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

No formulario en liña achegarase a seguinte documentación:

  1. Copia do pasaporte.
  2. Documento que acredite a residencia en Palestina ou pais limítrofe
  3. A acreditación do idioma español
  4. Documento de admisión nun máster universitario da UVIGO
  5. A carta de aval da ONG de referencia
  6. Carta na que se expliquen os motivos polos que se elixen os estudos e a Universidade de Vigo e a situación socioeconómica (máximo 3 folios).
  7. Declaración responsable de non posuír título en España en estudos do mesmo nivel para os que se solicita a bolsa.
Observacións

OBRIGAS

Serán obrigas da persoa bolseira:

  • Participar nas actividades académicas ao longo de todo o curso, entendendo como tales a asistencia presencial a clase, a realización das probas e exames das materias nas que se atopan inscritas e a participación responsable nas demais actividades orientadas a completar a súa formación.
  • Estar matriculada durante todo o curso académico 2026/2027.
  • Comunicar á Sección de Axudas e Bolsas a obtención de axudas da mesma natureza e finalidade.
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformación@uvigo.es
Teléfono: 986814094
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade
Taboleiro electrónico: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=82D1C938C63188052DCE600AEAD5B844?idtaskdata=51852655
Atrás