Secretaría Uvigo

Axudas Juan de la Cierva_2023

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoJCIERVA-23
Data inicio solicitudes18/12/2023
Data fin solicitudes17/01/2024
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://www.aei.gob.es/convocatorias/buscador-convocatorias/ayudas-contratos-juan-cierva-2023
Descripción

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, xunto coa Agencia Estatal de Investigación convocan 500 axudas para fomentar a contratación laboral de persoal doutor novo por un período de 2 anos para que completen a súa formación investigadora posdoutoral en centros de I+D españois distintos a aqueles nos que realizaron a súa formación predoutoral.

Diferéncianse dous trámites simultáneos:

  1. A presentación de candidaturas por parte do persoal investigador doutor aspirante que cumpra os requisitos exixidos pola convocatoria e que deberá tramitar persoalmente mediante o formulario electrónico de solicitude tal e como indican as bases, cuxo prazo comeza o 17 de xaneiro e remata o 31 do mesmo mes de 2024 ás 14.00 horas.
  2. A presentación dunha solicitude única por parte dos centros de I+D, Universidade de Vigo neste caso, coa relación de investigadoras e investigadores que presentan a súa candidatura cuxo prazo remata o 7 de febreiro de 2024 ás 14.00 horas.
Requisitos

Deben ser consultados no artigo 6 da  Resolución da Presidencia da Agencia Estatal de Investigación pola que se aproba a convocatoria de tramitación anticipada, correspondente ao ano 2023, das axudas Juan de la Cierva, do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación para o período 2021-2023, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. 

Documentacion

Proceso interno para poder presentar a súa candidatura pola Universidade de Vigo: 

  1. Encher o formulario interno que aparece como anexo a estas instrucións e remitilo, asinado por todas as persoas necesarias, a través da sede electrónica da Universidade de Vigo mediante unha instancia xenérica SXER antes do 17 de xaneiro de 2024 dirixido ao Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento. O trámite do envío pode ser realizado exclusivamente por quen presenta unha candidatura ou pola persoa que avala a candidatura.
  2. Remitir á Sección de Recursos Humanos de I+D, como moi tarde o 8 de febreiro de 2024, os documentos orixinais (incluíndo o xustificante de sinatura se é posible) debidamente asinados que xere automaticamente a aplicación despois de ter validado e enviado o formulario de solicitude dispoñible na sede electrónica do Ministerio, conforme ás seguintes indicacións:

    – Documentos orixinais asinados electronicamente: deben ser remitidos á Sección a través da sede electrónica da Universidade de Vigo mediante unha instancia xenérica SXER dirixida ao Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento de I+D+i

    – Documentos asinados de xeito manuscrito:

        -Unha copia por correo electrónico a seccion.rrhh.investigacion@uvigo.gal e  os documentos orixinais por correo certificado ao enderezo que aparece indicado nas instrucións deste procedemento, salvo que sexa posible presentalos de xeito presencial na Oficina de asistencia en materia de rexistro do Campus de Vigo. 

A documentación necesaria para presentar unha candidatura ás axudas é a sinalada nas disposicións específicas das axudas Juan de la Cierva que se indican na resolución de convocatoria realizada polo Ministerio (art. 13)

 

Observacións

Posto que a Universidade de Vigo, como centro de I+D, debe presentar unha instancia de solicitude xunto cunha relación de investigadoras e investigadores que presentan a súa candidatura, é imprescindible seguir as instrucións internas que se poden consultar no documento adxunto a esta convocatoria.

 

Documentos da convocatoria
Atrás