Secretaría Uvigo

Programa de Retención de Talento Investigador da Universidade de Vigo. Convocatoria 2023

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoRETENCIÓN_23
Data inicio solicitudes07/07/2023
Data fin solicitudes20/07/2023
Descripción

A presente convocatoria ten como obxectivo a realización dun proceso selectivo para a contratación como persoal laboral temporal de catro investigadoras ou investigadores doutoras/es, que tiveran desenvolvido a súa actividade investigadora postdoutoral na Universidade de Vigo no cadro de determinados programas competitivos internacionais, nacionais e autonómicos.

 

Requisitos

a. Ser ou ter sido persoal investigador a tempo completo da Universidade de Vigo na modalidade Marie Curie Individual Fellowship, investigadoras/es principais das convocatorias de proxectos do Ministerio de Retos de Investigación, Generación de Conocimiento que tiveran sido anteriormente posdoutorais de convocatorias de carácter competitivo, das indicadas neste apartado ou equivalentes, ou Jóvenes investigadores(as) (JIN), Juan de la Cierva- Incorporación, modalidade B da Xunta de Galicia, e que a data de finalización do seu contrato estea comprendida entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de decembro de 2023, acumulando nese momento unha antigüidade mínima no posto de dous anos de forma continuada na Universidade de Vigo (agás interrupcións nos contratos directamente motivadas polas datas de resolución das convocatorias correspondentes).

b. Dispoñer da acreditación da ANECA ou da ACSUG como profesor/a contratado/a doutor/a ou ben como profesor/a titular de universidade.

c. Non ter avaliación negativa na convocatoria correspondente ao seu contrato.

 

Non poderán participar aquelas persoas que finalizasen voluntariamente a súa relación contractual coa Universidade de Vigo antes da data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Documentacion

As solicitudes serán cumprimentadas segundo o formulario que se adxunta como anexo e dirixidas ao reitor da Universidade de Vigo. Adicionalmente ao formulario de solicitude, deberá achegarse:

-Copia da certificación da acreditación da ANECA ou ACSUG como profesor/a contratado/a doutor/a ou ben como profesor/a titular de universidade.

- Copia da certificación I3 ou R3 no caso de posuíla.

- Curriculum vitae detallado. Non é necesario aportar os xustificantes dos méritos indicados no curriculum no momento da solicitude.

- Un resumo (máximo dúas páxinas) da liña de investigación a desenvolver durante a duración do contrato.

Ligazóns da convocatoria
Taboleiro de anuncios: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=32758593
Base de datos Nacional de Subvencións: https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias

Fase de solicitude

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás