Secretaría Uvigo

Novidades

Alta en MooVi das materias oficiais do curso 2022/2023

Xa está listo en MooVi o curso académico 2022/2023 que comeza oficialmente no mes de setembro. De momento só se deron de alta as materias oficiais de grao e máster co profesorado en POD. Ao igual que o curso pasado, estas materias creáronse de forma que estean ocultas para os estudantes (ver FAQ).

As materias teñen o curso indicado diante do código da materia. É importante fixarse nisto para localizar correctamente a do curso actual. Por exemplo, a materia "Comunicación escrita" do curso 22-23 tería o código en MooVi: 2223-P04G071V01104.

Por outra banda, lembrámosvos tamén que as materias créanse baleiras, pero podedes incorporar os contidos doutra (por exemplo, do curso anterior), a través da opción "importar" (ver FAQ).

Calquera dúbida ou consulta, contacta con soporte.moovi@uvigo.es

Atrás