Secretaría Uvigo

Novidades

Cambio de contrasinal obrigatorio no correo (contas estudante)

Como parte do proceso de migración do sistema de correo a Microsoft365 preténdese mellorar a calidade dos contrasinais das contas de correo

Contas de estudantes

Debido a isto, se tes unha conta de correo de estudante (tipo: "@alumnos.uvigo.gal", "@alumnado.uvigo.gal", etc.) é preciso que procedas a actualizar o contrasinal da túa conta de correo antes do 17 de febreiro.

A partir do día 17 de febreiro bloquearase a capacidade de envío de correo a todas aquelas contas de estudantes que non teñan o contrasinal actualizado despois do 01/01/2023. É dicir, estas contas seguirán sendo válidas para recibir e consultar correo, pero non poderán enviar correo. Poderás solicitar que se desbloquee póndote en contacto co SAUM do teu Campus ou Ámbito.

Contas institucionais

En caso de que a túa conta sexa institucional ( "@uvigo.es", "@uvigo.gal") non é obrigatorio, pero sí moi recomendable que o cambies tamén, especialmente en caso de que non cumpra as seguintes recomendacións.

Recomendacións básicas de seguridade

  1. Emprega un xestor de contrasinais, por exemplo KeePassXC.
  2. Nunca empregues o mesmo contrasinal para máis dunha aplicación. Por exemplo, usa un contrasinal para a túa conta de UVigo, outro para a de Gmail, outro para a de Amazon, etc.
  3. Usa contrasinais longos e con variedade de caracteres: polo menos 10 caracteres, mesturando maiúsculas, minúsculas, símbolos e números. Podes verificar a calidade dos teus contrasinais empregando ferramentas como: https://www.security.org/how-secure-is-my-password/
  4. Naqueles servizos que o permitan, activa o segundo factor de autenticación.

Instrucións para cambiar o contrasinal da túa conta de correo de UVigo

  1. Accede á páxina de xestión da túa conta.
  2. Busca a sección "Establecer novo contrasinal".
  3. Cambia o contrasinal e asegúrate de que aparece a mensaxe "O contrasinal foi modificado correctamente", tal e como se amosa na seguinte captura:

 

Atrás