Novidades
Como parte do proceso de migración do sistema de correo a Microsoft365 preténdese mellorar a calidade dos contrasinais das contas de correo.
Contas de estudantes
Debido a isto, se tes unha conta de correo de estudante (tipo: "@alumnos.uvigo.gal", "@alumnado.uvigo.gal", etc.) é preciso que procedas a actualizar o contrasinal da túa conta de correo antes do 17 de febreiro.
A partir do día 17 de febreiro bloquearase a capacidade de envío de correo a todas aquelas contas de estudantes que non teñan o contrasinal actualizado despois do 01/01/2023. É dicir, estas contas seguirán sendo válidas para recibir e consultar correo, pero non poderán enviar correo. Poderás solicitar que se desbloquee póndote en contacto co SAUM do teu Campus ou Ámbito.
Contas institucionais
En caso de que a túa conta sexa institucional ( "@uvigo.es", "@uvigo.gal") non é obrigatorio, pero sí moi recomendable que o cambies tamén, especialmente en caso de que non cumpra as seguintes recomendacións.
Recomendacións básicas de seguridade
- Emprega un xestor de contrasinais, por exemplo KeePassXC.
- Nunca empregues o mesmo contrasinal para máis dunha aplicación. Por exemplo, usa un contrasinal para a túa conta de UVigo, outro para a de Gmail, outro para a de Amazon, etc.
- Usa contrasinais longos e con variedade de caracteres: polo menos 10 caracteres, mesturando maiúsculas, minúsculas, símbolos e números. Podes verificar a calidade dos teus contrasinais empregando ferramentas como: https://www.security.org/how-secure-is-my-password/
- Naqueles servizos que o permitan, activa o segundo factor de autenticación.
Instrucións para cambiar o contrasinal da túa conta de correo de UVigo
- Accede á páxina de xestión da túa conta.
- Busca a sección "Establecer novo contrasinal".
- Cambia o contrasinal e asegúrate de que aparece a mensaxe "O contrasinal foi modificado correctamente", tal e como se amosa na seguinte captura:
