Secretaría Uvigo

Que preciso para traballar dende a casa?

Para o PDI

Necesitarás un ordenador ou un dispositivo móbil conectado a Internet. Posto que as aplicacións son vía web, non será necesaria a instalación de ningún software adicional.

Aplicacións de xestión

As aplicacións de xestión máis habituais están dispoñibles vía web:

Labores docentes

  1. Plataforma de teledocencia MooVi
    • Será a aplicación principal para a realización dos labores docentes e o medio máis sinxelo para contactar co estudantado matriculado na materia.
    • Máis información nas FAQ: MooVi (Moodle 2022/2023)
  2. Videoconferencia
    • Empregarase principalmente a ferrramenta Campus Remoto posta en marcha de maneira específica.
    • Activarase mediante a petición do profesor ou profesora.
    • Permite realizar videoconferencias, compartir presentacións e arquivos con múltiples usuarios e usuarias.
    • As dúbidas canalizaranse a través do enderezo: tv@uvigo.es

Para o PAS

Será neceario un ordenador ou un dispositivo móbil conectado a Internet.

Aplicacións vía web

As seguintes aplicacións son vía web, polo que se poden empregar de forma habitual tanto dende a casa como dende a oficina:

Aplicacións baixo VPN

Para o acceso ás seguintes aplicacións ou servizos é imprescindible configurar unha conexión segura (VPN) e deixar o PC da oficina encendido:

  • Meta4 e-Mind
  • Acceso á carpeta compartida común
  • Servizos da rede Sara (Geiser, SCSP), SEF, Cividas

No caso de necesitar identificarse con certificado dixital nunha aplicación á que se accede por VPN pódese:

  • Usar unha TARXETA con CERTIFICADO desde a CASA (require un lector de tarxetas).
  • Usar un certificado persoal que xa estea instalado no PC da oficina.
  • Usar un certificado persoal e exportalo ao PC do traballo coa axuda dos servizos informáticos.
  • Usar o DNI electrónico desde a casa (require un lector).

ATENCIÓN: NON SERVE un lector de tarxetas e unha tarxeta conectada no PC do traballo

Atrás