Secretaría Uvigo
.::Portal de transparencia da Universidade de Vigo::.
Ética e integridade universitaria
O artigo 39.4 da Lei Orgánica 2/2023 do sistema universitario (LOSU) indica o seguinte "As universidades velarán polo cumprimento dos principios éticos e de integridade académica, así como das directrices antifraude, que deben guiar a función docente e a investigación, en colaboración cos organismos e plans dos que, para estes efectos, dispoña cada universidade".
A continuación detállanse a normativa e organización no ámbito "ético" da Universidade de Vigo:
Código ético
O artigo 19 do regulamento de transparencia e de acceso á información pública da Universidade de Vigo di "O código ético aprobado pola Xunta de Galicia será de aplicación na universidade, sen prexuízo de que esta decida aprobar as normas específicas de adaptación ao ámbito universitario" (enlace Portal de Transparencia Xunta de Galicia)
Código Ético (aprobado no Claustro Universitario o 18 de abril de 2023)
Normas de convivencia (aprobado no Claustro Universitario o 18 de abril de 2023)
Organización
Comisión de Convivencia e Bo Goberno
A Comisión de Convivencia e Bo Goberno, regulada no Título IV das Normas de Convivencia, ten como misión resolver calquera dúbida ou denuncia con respecto ao cumprimento do Código ético, tomando as decisións oportunos ao efecto, e impulsará medidas de prevención de actuacións contrarias aos principios do Código Ético, formulando recomendacións e melloras na aplicacións destes principios. Tamén decidirá se é procedente ou non acudir a un procedemento de mediación.
Mentora ética
É a persoa titular da Inspección de Servizos e nela recae a responsabilidade ética da universidade. Participa con voz e voto no CETIC e debe velar pola ética na Universidade de Vigo.
Informe sobre usos de animais en experimentación do Cinbio
Canle interna de información
A Canle interna de información estableceuse en cumprimento da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e loita contra a corrupción.
Esta canle interna de información constitúese no medio para informar sobre accións ou omisións cometidas, dentro do ámbito de actuación e de competencias da Universidade de Vigo, que puidesen ser constitutivas de infraccións de dereito da Unión Europea, ou de infraccións graves ou moi graves penais ou administrativas. Este sistema integra tamén a canle de denuncia interna prevista no Plan de medidas antifraude, para recibir información de sospeitas de fraude, corrupción ou conflito de intereses non declarados.
Os principios xerais do sistema e o procedemento para a xestión das comunicacións recóllense no Regulamento polo que se establece e se regula a canle interna de información da Universidade de Vigo, aprobado polo Consello de Goberno o 20 de decembro de 2024.
Consello Social
O artigo 47.2.l da Lei Orgánica 2/2023 do sistema universitario (LOSU) indica como función do Consello Social "Velar polo cumprimento dos principios éticos e de integridade académica, así como das directrices antifraude, que deben guiar a función docente e a investigación, en colaboración cos organismos e plans dos que, para estes efectos, dispoña cada universidade".
O Consello de Goberno estableceu no artigo 16 do regulamento pola que se establece o e regula a canle interna de información o seguinte "O reitor, ou a persoa que designe, presentará anualmente ante o Consello Social un informe no que dará conta do número e tipo de informacións presentadas a través da canle interna, do número daquelas que foron rexeitadas e as súas causas, así como do número das que foron obxecto de investigación e o resultado das mesmas".
Medidas antifraude
Consultar sección medidas antifraude