Secretaría Uvigo

Axudas propias para a consolidación de EBTs da Universidade de Vigo nos campus de Vigo e Ourense para o ano 2022

TipoTransferencia
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2022 EBTs UVIGO
Data inicio solicitudes17/09/2022
Data fin solicitudes15/10/2022
Descripción

A finalidade desta convocatoria é a concesión, en función da dispoñibilidade orzamentaria e en concorrencia competitiva, de subvencións para fomentar a consolidación das Empresas de Base Tecnolóxica (EBTs) da Universidade de Vigo de recente creación xurdidas en calquera ámbito de coñecemento, mediante o financiamento, nos termos previstos nesta convocatoria dos gastos que lles supoña a súa instalación nalgún dos seguintes espazos (máis información no Anexo 2):
-Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI), Rúa Fonte das Abelleiras, s/n, Campus Universitario de Vigo, 36310, Vigo-Pontevedra
-Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI), Avda Galicia, 2 Parque Tecnológico San Cibrao das Viñas, 32900-Ourense

Requisitos

- Empresas creadas despois de xuño de 2021.
- Desenvolver liñas de actuación relacionadas con proxectos de I+D+i vinculados coa Universidade de Vigo.
- Estar dada de alta no Imposto sobre Actividades Económicas no epígrafe correspondente.
Non poderán ser beneficiarias as EBTs nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Ley 38/2003, de 17 de noviembre, General de Subvenciones ou no artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.

Documentacion

A requirida na convocatoria

Observacións

As EBTs interesadas en concorrer a este proceso de concesión de subvención en concorrencia competitiva deberán cubrir unha solicitude (modelo Anexo 3)  e unha vez asinada, deberá presentala a través da sede electrónica da Universidade de Vigo no seguinte enderezo https://sede.uvigo.gal/ mediante unha instancia xenérica SXER, sen prexuízo de que tamén poida presentarse nos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas. As solicitudes, dirixidas á Vicerreitora de Investigación

Prazo para resolverseis meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Atrás