Secretaría Uvigo

RESOLUCIÓN REITORAL DO 23 DE NOVEMBRO DE 2026 POLA QUE SE PUBLICA A CONVOCATORIA PARA ACTUALIZAR AS LISTAXES DE PERSOAS ACREDITADAS A PROFESOR/A CONTRATADO/A DOUTOR/A OU PERMANENTE LABORAL

TipoOutras convocatorias
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código26_01_ACRED_PPL
Data inicio solicitudes24/11/2026
Data fin solicitudes20/12/2026
Descripción

Resolución reitoral do 23 de novembro pola que se aproban a convocatoria e as bases que a regulan para actualizar as listaxes de persoas acreditadas a Profesor/a contratado/a doutor/a ou Profesor/a permanente laboral.

Requisitos

As persoas que soliciten a súa inclusión nas listaxes deberán reunir os seguintes requisitos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes:
- Ser PDI consolidable da Universidade de Vigo
- Estar en posesión da acreditación a Profesor/a contratado doutor ou a Profesor/a permanente laboral pola ANECA ou a ACSUG.

Observacións

AVISO: Pódese consultar a listaxe das acreditacións que esta Vicerreitoría recibiu a través da sede electrónica entre o 16 de decembro de 2025 e o 23 de novembro de 2026. Non é necesario que as persoas que figuran nesa listaxe volvan presentar a acreditación. Serán incluídas de oficio na listaxe actualizada que a Vicerreitoría de PDI elabore nesta nova convocatoria.

Prazo para resolver6 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Publicación no taboleiro electrónico: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=56449977

Acreditacións presentadas entre o 16/12/2025 e o 23/11/2026

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás