Secretaría Uvigo

Bolsas de Formación das Unidades e Áreas 2022/2023

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2022_2023 Unidades e Áreas
Data inicio solicitudes29/06/2022
Data fin solicitudes26/07/2022
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9674
Descripción

O obxecto da bolsa é fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula.

DURACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PERÍODO FORMATIVO

A duración máxima do período formativo será de 8 meses e medio, non se iniciará antes do 17 de outubro de 2022 e finalizará o 30 de xuño de 2023.

O número de horas de colaboración será de de 15 horas semanais para as bolsas-15 e de 10 horas semanais para as bolsas-10. Realizaranse tendo en conta os períodos lectivos e non lectivos do curso académico e a carga lectiva do bolseiro/a, quen poderá distribuír e compensar ata un 20% das horas de dedicación dun mes entre distintas semanas dentro do mesmo mes.

A contía individual será como máximo de 360€/mes para as bolsas de 15 horas e 240 €/mes para as bolsas de 10 horas. Estará suxeita á retención do IRPF e ás obrigas de cotización á Seguridade Social (cota obreira) que estableza na normativa vixente nestas materias.

Requisitos

Pode solicitar a bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Posuír nacionalidade española, dalgún outro país da Unión Europea, ou de países non comunitarios acreditando a condición de residente en España a 31 de decembro de 2021 (non é suficiente o permiso de estadía por estudos).
  • Estar matriculado en centros propios da Universidade de Vigo no curso 2022/2023 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións de Grao ou Máster que se sinalan no anexo II, no campus no que se opta á bolsa. Para estes efectos terase en conta o estado da matrícula a día 21 de setembro de 2022
  • No caso de matrícula en titulacións de Grao ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao. Para estes efectos terase en conta o último día establecido pola universidade para a presentación das actas de xullo que segundo o calendario académico é o 25 xullo.
  • Cumprir os demais requisitos específicos sinalados no anexo II. Para estes efectos terase en conta que o último día establecido pola universidade para a presentación das actas de xullo segundo o calendario académico é o 25 xullo.
  • Non gozar con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de doce meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase de data a data.
Documentacion

As persoas solicitantes deberán empregar o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9674, descargalo e presentalo na Sede Electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, poñendo en asunto “Bolsas formación unidades e áreas”, achegando unicamente o formulario coa solicitude. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa.

Así mesmo deberán subir o xustificante de presentación na Sede Electrónica  disá plataforma do Santander

O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte a publicarse esta convocatoria e rematará o 26 de xullo de 2022 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

As persoas solicitantes establecerán unha orde de prioridade nas bolsas solicitadas que será vinculante.

Xunto coas solicitudes deberán subir ó formulario en liña (non hai que subir a documentación á Sede Electrónica) a seguinte documentación:

  • Certificación académica dos estudos realizados no caso de que se realizasen nunha universidade distinta á de Vigo.
  • Os documentos que correspondan en cada caso segundo os criterios de selección establecidos no anexo II:
    • Cursos relacionados co perfil formativo
    • Currículo
    • Documentación acreditativa doutros méritos establecidos no anexo II

Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que sexa necesaria para a correcta avaliación de requisitos e méritos alegados.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformación@uvigo.es
Teléfono: 986814094
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion
Taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=27417458

01/09/2022: Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas.

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 8 de setembro ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

22/09/2022: Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas.

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

27/09/2022 Listaxe provisoria de persoas con bolsa concedida, denegada e listaxe de agarda

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro

 

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 4 de outubro ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Documentos da fase da convocatoria:

11/10/2022: Listaxe definitiva de persoas con bolsa concedida, denegada e listaxe de agarda

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás