Secretaría Uvigo

Convocatoria concurso de vídeos "Móvete polos ODS"

TipoPremios
Organismo convocanteOutros
CódigoConvocatoria concurso de vídeos "Móvete polos ODS"
Data inicio solicitudes27/05/2022
Data fin solicitudes30/09/2022
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://sede.uvigo.gal/public/publications/list/forms/FORMS/details/1151953
Descripción

A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), 
convoca o II Concurso de vídeos “Móvete polos ODS”, co obxectivo de dar a coñecer os 
Obxectivos de Desenvolvemento sostible (ODS) de Nacións Unidas e sensibilizar á 
comunidade universitaria, e á sociedade en xeral, sobre a importancia de que todas as 
persoas formemos parte da solución aos grandes retos mundiais sobre a desigualdade, 
o cambio climático, a perda da biodiversidade, etc...
O dito Concurso está aberto a vídeos de 1 min de duración en formato mp4, coa temática 
de como se pode contribuír  á consecución dalgunha das 169 metas nas 
que se materializan estes obxectivos.
A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento está conformada 
polas Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, grazas ao financiamento 
da Xunta de Galicia sendo o seu principal obxectivo e fortalecer a posición das tres 
universidade de Galicia como axentes de cooperación.
Durante o bienio 22-23 a coordinación das accións derivadas dos Convenio da RGCUD 
dependen da Universidade de Vigo.

Os premios están dotados das seguintes contías:

- 1º Premio ao vídeo máis votado en youtube: 550 € 
- 2º Premio ao segundo vídeo máis votado en youtube: 350 €
- 3º Premio ao terceiro vídeo máis votado en youtube: 200 € 
- Premio á innovación: 400 €

Requisitos

Resumo orientativo dos requisitos, lembra que  é preciso ler a convocatoria para dispor da información completa.

Participantes:

Poderán presentarse ao certame de maneira individual ou en grupo, todo o 
alumnado matriculado nas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña 
nos curso 2021-22.

Requisitos técnicos dos videos:

O video debe durar 1 minuto como máximo.

Pode ser en color ou en branco e negro. 
Resolución: 1280x720p aínda que a ideal é 1920x1080p. 

Tematica:

Este concurso pretende convidar ás persoas participantes a mobilizarse e 
comprometerse fronte aos grandes retos mundiais actuais como son o cambio climático,as desigualdades sociais e de xénero, a perda da biodiversidade, a escaseza de auga, 
entre outros. 
A temática terá unha relación directa coa contribución individual ou de cada 
organización á Axenda 2030 e ós seus Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Documentacion

A presentación na sede electrónica da Universidade de Vigo.

A solicitude realizarase pola sede electrónica da Universidade de Vigo 
https://sede.uvigo.gal/

Utilizarase como formulario para a presentación o  modelo instancia xenerica:

https://sede.uvigo.gal/public/publications/list/forms/FORMS/details/1151953

Na socicitude consignarase a seguinte información e achegarase como adxunto o video cos requisitos indicados no apartado anterior.
Asunto: Concurso "MÓVETE POLOS ODS” DA REDE GALEGA DE COOPERACIÓN 
UNIVERSITARIA PARA O DESENVOLVEMENTO: 
1. Título do vídeo: 
2. Breve explicación do vídeo con referencia aos ODS da axenda 2030 abordados.
3. Datos da persoa participante
- Nome da persoa participante
- Universidade de procedencia
- Dirección de correo electrónico
- Teléfono de contacto

A solicitude será dirixida  á Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación. 

Utilización doutros rexistos:
Tamén se poderá enviar a documentación a través de calquera dos medios establecidos 
no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común 
das administracións públicas ou norma que o substitúa. No caso de que a persoa 
solicitante utilice un rexistro diferente ao da propia UVIGO, deberá informar á comisión 
a través do correo electrónico direc.rsco@uvigo.es de que foi realizado este trámite

Observacións

Para calquera consulta sobre esta convocatoria os/as estudantes poderán utilizar os correos electrónicos indicados abaixo para a institución na que estean matriculados/as:

UDC: ocv@udc.gal

USC: sepiu.santiago@usc.gal

UVIGO:direc.rsco@uvigo.gal

 

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Atrás