Secretaría Uvigo

Axudas á etapa de formación posdoutoral da Xunta de Galicia_Procedemento interno

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoPOSDOU_XUNTA_22
Fecha inicio solicitudes01/02/2022
Fecha fin solicitudes21/02/2022
Dirección formulario para solicitud onlinehttps://www.edu.xunta.gal/portal/node/36116
Descripción

Convocatoria de axudas pola Xunta de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para a contratación de persoas tituladas superiores que obtiveran o recoñecemento do título de doutora ou doutor para a súa formación nos centros, unidades ou departamentos das universidades do SUG permitindo a mellora das súa capacidades mediante estadías de investigación posdoutoral no estranxeiro ou, en casos excepcionais, en centros de I+D+i de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos

Os sinalados no artigo 2 da convocatoria de axudas. 

ORDE do 31 de decembro de 2021, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022(códigos de procedemento ED481B e IN606B).

Documentación

A sinalada no documento «Procedemento para a presentación de candidaturas»

14 de febreiro de 2022: Declaración de intencións coa documentación anexa e o compromiso de incorporación a grupo/centro/equipo.

21 de febreiro de 2022: Compartir borrador da candidatura coa Universidade de Vigo.

Observaciones

Para poder presentar unha candidatura avalada pola Universidade de Vigo, é imprescindible seguir os pasos sinalados no documento «Procedemento para a presentación de candidaturas» que acompaña esta convocatoria e cumprir os prazos internos.

Enlaces de la convocatoria
Secretaría Xeral de Universidades: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/36116

Fase presolicitude

Documentos de la fase:
Atrás