Axudas á etapa de formación posdoutoral da Xunta de Galicia_Procedemento interno
Tipo | Recursos Humanos |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | POSDOU_XUNTA_22 |
Data inicio solicitudes | 01/02/2022 |
Data fin solicitudes | 21/02/2022 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36116 |
Descripción | Convocatoria de axudas pola Xunta de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para a contratación de persoas tituladas superiores que obtiveran o recoñecemento do título de doutora ou doutor para a súa formación nos centros, unidades ou departamentos das universidades do SUG permitindo a mellora das súa capacidades mediante estadías de investigación posdoutoral no estranxeiro ou, en casos excepcionais, en centros de I+D+i de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia. |
Requisitos | Os sinalados no artigo 2 da convocatoria de axudas. ORDE do 31 de decembro de 2021, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022(códigos de procedemento ED481B e IN606B). |
Documentacion | A sinalada no documento «Procedemento para a presentación de candidaturas» 14 de febreiro de 2022: Declaración de intencións coa documentación anexa e o compromiso de incorporación a grupo/centro/equipo. 21 de febreiro de 2022: Compartir borrador da candidatura coa Universidade de Vigo. |
Observacións | Para poder presentar unha candidatura avalada pola Universidade de Vigo, é imprescindible seguir os pasos sinalados no documento «Procedemento para a presentación de candidaturas» que acompaña esta convocatoria e cumprir os prazos internos. |
Ligazóns da convocatoria | |
Secretaría Xeral de Universidades: | http://www.edu.xunta.gal/portal/node/36116 |
Fase presolicitude
Documentos da fase da convocatoria: | |