Secretaría Uvigo

Bolsa Comedor para estudantado de Grao e Máster, 2021/22

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2021_2022 BC
Data inicio solicitudes31/12/2021
Data fin solicitudes01/02/2022
Enderezo formulario para solicitude onlinehttp://secretaria.uvigo.gal
Descripción

Estas bolsas teñen por obxecto garantir a igualdade de oportunidades do alumnado cunha situación económica que poda dificultar o seu acceso e permanencia na universidade.

Contía: 500 €

Requisitos

Requisitos:

  • Ter concedida a bolsa de carácter xeral do Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) para o curso 2021/2022 no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
  • Estar matriculado/a en Grao ou Máster en centros propios, ou en centros adscritos de titularidade pública que imparten titulacións non impartidas en centros propios (Enfermaría Ourense, Enfermaría Pontevedra e Enfermaría Meixoeiro) no curso 2021/2022.
  • Estar matriculado en réxime presencial de 42 créditos ou mais, agás no caso de alumnado con discapacidade de grao igual ou superior ao 65% que poderá reducir a carga lectiva ata un máximo do 50%.
Documentacion

NON é necesario que presentes documentación. No caso de precisar algún documento solicitámolo por correo electrónico.

Observacións

Instruccións para presentar a solicitude:

accede ao Impreso de solicitude en http://secretaria.uvigo.gal, na páxina de inicio preme en "SVE – Secretaría Virtual Estudantes" e no menú da esquerda selecciona "bolsas propias / comedor". Ao chegar ao final garda o pdf como resgardo de solicitude. 

NON TES QUE PRESENTAR A SOLICITUDE NA SEDE DA UVIGO.

Prazo para resolver3 meses
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986 81 36 11
Correo electrónico: bolsas@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo

23/02/2022 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluidas

Descrición

Alegacións dende o día seguinte ao desta publicación ata o 11 de marzo as 23:59 (hora peninsular española) a través do formulario

Documentos da fase da convocatoria:

17/03/2022 Listaxe provisoria de bolsas concedidas e denegadas

Descrición

Alegacións dende o día seguinte ao desta publicación ata o 1 de abril ás 23:59 (hora peninsular española) a través do formulario

Documentos da fase da convocatoria:

21/04/2022 Listaxe definitiva de bolsas concedidas e denegadas

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás