Secretaría Uvigo

VI edición do programa INCUVI-Avanza

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2021_Incuvi Avanza
Data inicio solicitudes06/10/2021
Data fin solicitudes05/11/2021
Descripción

OBXECTO:

Concesión de axudas que contribúan á aceleración de proxectos emprendedores promovidos por estudantes ou persoas recentemente tituladas da Universidade de Vigo co fin de que estas podan validar a idea e analizar a existencia dunha demanda real no mercado.

 

Requisitos
  1. PERSOAS SOLICITANTES: os membros dos equipos emprendedores das ideas deben pertencer a algún dos seguintes colectivos:
  • Alumnado matriculado na Universidade de Vigo en estudos de grao ou mestrado no curso 2021/2022.
  • Persoas tituladas en titulacións oficiais pola Universidade de Vigo no curso 2018/2019 ou posteriores.
  • Persoas matriculadas nunha titulación oficial no curso actual ou tituladas noutras universidades españolas no curso 2018/2019 ou posteriores, sempre que non superen o 50% dos membros do equipo.

 

  1. COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS:
  • A idea emprendedora poderá presentarse de maneira individual ou en equipo de 4 persoas como máximo; neste último caso haberá unha persoa que actuará como coordinadora do equipo.
  • A persoa ou equipo promotor deberán ter a autoría intelectual das ideas que presentan ou, no seu defecto, dispor dos permisos correspondentes de uso da propiedade intelectual e/ou industrial de terceiros.
  • Non se poderá presentar máis de un proxecto nin pertencer a varios equipos emprendedores.
Documentacion

SOLICITUDE:

A persoa promotora ou a persoa coordinadora do equipo deberá cubrir o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/8863 descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede, e pór en asunto “Axudas INCUVI Avanza”, achegando unicamente o arquivo coa solicitude.

DOCUMENTACIÓN:

Deberán subir a seguinte documentación ao formulario en liña (non hai que subir a documentación á sede electrónica):

  1. Breve currículo de todas as persoas integrantes do equipo emprendedor (máximo 1 cara tamaño A4) no que indiquen formación, experiencia e outra información considerada de utilidade para reforzar a súa candidatura.
  2. Carta de interese/motivación redactada pola persoa promotora da idea/coordinadora do equipo na que xustifiquen a súa motivación e compromiso potencial para traballar na maduración da idea emprendedora a través da súa participación no programa INCUVI-Avanza.
  3. Vídeo de presentación do proxecto, cun formato mp4 e de duración non superior a 2 minutos.
  4. Formulario de renuncia, que terán que cubrir e firmar aqueles membros beneficiarios das axudas no INCUVI-Emprende (e que polo tanto opten a axuda pola Modalidade 1) que decidan desvincularse da idea na que traballaron ó longo do programa.
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81 40 94
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios

09/11/2021 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Prazo de alegacións dende o día seguinte ao da publicación desta resolucióna e ata o día 23 de novembro ás 23:59h (hora peninsular española).

Para tal fin deberán empregar o formulario en liña disponible na Secretaría Virtual no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/7886

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás