Secretaría Uvigo

A COLMEA DE IDEAS DA UNIVERSIDADE DE VIGO. PROGRAMA DE INNOVACIÓN ABERTA NA CONTORNA UNIVERSITARIA

TipoEmprendemento
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoColmea_ideas-2021
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/8850
Descripción

A Colmea de ideas da UVigo pretende ser un observatorio de retos que canalice os desafíos que empresas e institucións queiran lanzar á nosa contorna, servindo de correa de transmisión para que cheguen a toda a nosa comunidade universitaria e poidan propoñerse solucións innovadoras

Esta convocatoria serve como marco de actuación na proposta e na presentación de candidaturas a
diferentes retos que cada empresa ou entidade propoña. 

Documentacion

Información no taboleiro de anuncios da UVigo https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=24791972

Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=24791972

Fase I: Presentación dos retos por parte das entidades

Descrición

Cada entidade participante poderá presentar o número de retos que desexe, preferentemente cubrindo o formulario en liña dispoñible neste enlace ou o formulario dispoñible na páxina web e que figura como anexo I da convocatoria. No caso de que esta sexa a opción elixida, o formulario remitirase posteriormente a colmeadeideas@uvigo.gal 

Observacións

Prazo para presentación de candidaturas: ata o 22 de outubro de 2021

Fase II: Presentación das ideas de proxectos para achegar solucións aos retos por parte do estudantado

Descrición

Cada estudante poderá presentarse ao número de retos que desexe, tanto propostos pola mesma
entidade coma por diferentes entidades participantes. As solicitudes realizaranse preferentemente
cubrindo o formulario de rexistro en liña dispoñible neste enlace ou descargando e cubrindo o
formulario que se amosa no anexo III desta convocatoria, que está dispoñible na páxina web, e
presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia
xenérica (SXER) existente na sede.

Observacións

Publicación dos retos e inclusión do anexo II na convocatoria: 30 de outubro de 2021

Fase III: Selección das ideas gañadoras

Descrición

Analizaranse as ideas finalistas atendendo aos seguintes criterios:
• Novidade. Nivel de innovación que presenta o proxecto.
• Impacto. Capacidade de creación de valor económico, social, medioambiental etc.
• Viabilidade. Probabilidade de éxito na súa materialización.
• Tecnoloxía. Aplicabilidade con fundamentos tecnolóxicos e científicos relacionados co reto.

Observacións

Presentación das ideas de proxectos (solucións) (anexo III): dende o 28 de novembre ao 28 de
xuño de 2022 (ambos inclusive).

Atrás