Secretaría Uvigo

RESOLUCIÓN REITORAL DE 4 DE XUÑO DE 2021 POLA QUE SE CONVOCA O PROGRAMA DE MATERIAS ENGLISH FRIENDLY EN GRAOS OFICIAIS NO CURSO ACADÉMICO 2021/2022

TipoPrácticas de campo e saídas de estudos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoEnglísh_Friendly 2021-22
Data inicio solicitudes04/06/2021
Data fin solicitudes01/09/2021
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/7883
Descripción

RESOLUCIÓN REITORAL DE 7 DE XUÑO DE 2021 POLA QUE SE CONVOCA O PROGRAMA DE MATERIAS ENGLISH FRIENDLY EN GRAOS OFICIAIS NO CURSO ACADÉMICO 2021-22

 

Dentro do proceso de internacionalización da Universidade de Vigo e co obxecto de aumentar a presenza do inglés na universidade e facilitar a recepción de estudantes estranxeiros, convócase o profesorado interesado a ofertar as súas materias en graos oficiais da Universidade de Vigo na modalidade English Friendly.

Requisitos

Todo o profesorado que desexe ofertar materias baixo a modalidade English Friendly deberá cubrir a solicitude a través do formulario na Secretaría Virtual. Se unha materia é impartida por máis dun profesor, deberán presentar a solicitude todos eles. O profesorado que xa ofertase materias na modalidade English Friendly en cursos anteriores, deberá volver a presentar a solicitude se quere seguir facéndoo no curso 2021/2022.

 

 

Observacións

O profesorado de calquera grao oficial que oferte materias English Friendly terá prioridade nas convocatorias de mobilidade para o PDI.

Documentos da convocatoria
Atrás