Premios Cátedra Oesía aos mellores traballos académicos 2025/2026
| Tipo | Premios |
| Organismo convocante | Universidade de Vigo |
| Código | 2025_2026_ Premios Cátedra Oesía |
| Data inicio solicitudes | 10/06/2026 |
| Data fin solicitudes | 28/09/2026 |
| Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/15480 |
| Descripción | OBXECTO A presente convocatoria está prevista no Plan estratéxico de subvencións da Universidade de Vigo para o ano 2026 como acción destinada ao cumprimento do obxectivo 2 “ Desenvolver programas formativos conxuntos coas empresas e coas institucións que melloren a empregabilidade do estudantado”, a través do fomento da excelencia académica e investigadora en áreas clave para o desenvolvemento tecnolóxico e empresarial. Convócanse 3 premios:
A contía individual dos premios será:
Esta contía está suxeita á retención de IRPF que estableza a normativa vixente nesta materia. |
| Requisitos | Poderá participar o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:
a) Presentar un TFG, TFM ou TD aliñado coas liñas de interese da Cátedra: sistemas de antenas, simulación electromagnética, radar, satélite, fotónica, cuántica, intelixencia artificial aplicada a comunicacións, redes 5G/6G e radiocomunicacións en xeral. b) No caso dos premios TFG TFM: deberá cumprir os seguintes requisitos adicionais:
c) No caso dos premios a tese de doutoramento deberá cumprir os seguintes requisitos adicionais:
Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003 xeral de subvencións, de 17 de novembro. |
| Documentacion |
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/15480 descargalo e presentalo na Sede Electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, e pór como asunto “Premios cátedra Oesía”, achegando unicamente o formulario coa solicitude. O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para os interesados/as neste procedemento (artigo 66.6 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, solicitarase que a presente de xeito electrónico.
Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que resulte necesaria para a correcta avaliación de requisitos. |
| Observacións | O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte a publicarse esta convocatoria e finaliza o 28 de setembro de 2026 ás 23:59 horas (hora peninsular española). |
| Prazo para resolver | 3 meses |
| Silencio administrativo | Desestimatorio |
| Documentos da convocatoria | |
| Ligazóns da convocatoria | |
| Teléfono: | 986814094 |
| Web: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios |
| Correo electrónico: | bolsasformacion@uvigo.gal |
| Enlace a taboleiro: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=51891966 |
| Calendario de bolsas: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/transparencia/agenda/7 |