Secretaría Uvigo

Bolsa Comedor para alumnado de Grao e Máster, 2020/21

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020_2021 BC
Data inicio solicitudes02/03/2021
Data fin solicitudes25/03/2021
Enderezo formulario para solicitude onlinehttp://secretaria.uvigo.gal
Descripción

Estas bolsas teñen por obxecto garantir a igualdade de oportunidades do alumnado cunha situación económica que poda dificultar o seu acceso e permanencia na universidade.

Contía: 500 €

Requisitos

Requisitos:

  • ter concedida a bolsa xeral do MEFP (Ministerio de Educación) no curso 2020/2021
  • estar matriculado/a en centros propios como mínimo de 42 créditos
  • a renda per cápita anual non pode superar 5.000 €, calculada dividindo a renda familiar entre o número de membros
Documentacion

NON é necesario que presentes documentación. No caso de precisar algún documento solicitámolo por correo electrónico.

Observacións

Instruccións para presentar a solicitude:

accede ao Impreso de solicitude en http://secretaria.uvigo.gal, na páxina de inicio preme en "SVE – Secretaría Virtual Estudantes" e no menú da esquerda selecciona "bolsas propias / comedor". Ao chegar ao final garda o pdf como resgardo de solicitude. 

NON TES QUE PRESENTAR A SOLICITUDE NA SEDE DA UVIGO.

Prazo para resolver6 meses
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986 81 36 11
Teléfono: 986 81 36 12
Correo electrónico: bolsas@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo
Atrás